Marisol Souto: Mira, este home naceu na,a,a na zona da escombreira qu'está hoxe (...)
Eladio: Eu nacín na parroquia de Ghoente (...) nun lughar do Seixo.
Antonio Reigosa: Si. I eso onde está agora?
E.: Eso (...) Pois a parroquia de Ghoente está alí (...) O lughar do Seixo quedou debaixo do escombro.
M. S.: Claro. Pero o quería que nos contaras (...) Porque a min, un día, así, de memoria, sabíame enumerar todos os lugares que había desde Goente has/ (...) Un a un, un a un, un a un.
E.: Si. Aghora, o que pertenece á parroquia de Seoane e a parroquia de Ghoente que quedou debaixo dos escombros, eso cóllote eu pola man (incomprensíel) de todo.
M. S.: Pois eso é o que eu quería (...) que nos enumerara porque moita xente seguro que non oeu nin eses lugares, i outra xente non os sabe situar.
E.: Si. Bueno, pois, pois vamos a ver. Empezamos pola parroquia de Seoane?
M. S.: Empezamos.
E.: A parroquia de Seoane e,e,e tiña unha casa no Almigonde. Na parro/ ou sea no, no, no lughar do Almigonde. Unha sola casa, eh!
A. R: Si.
E.: O resto era do (Millaredo) e da Vilavella. Logho, despois, sería, a parroquia de Seoane sería: O Carboeiro, O Sumeiro e,e,e O Carballás (incomprensíbel) e,e,e e logo víñamos pa o lugar da (Braña) O lugar da Braña, pois había dúas casas. Despois, pasamos á (incomprensíbel) a parroquia de Seoane tiña cinco casas, que hoxe non hai naide, máis cunha casa ocupada. Despois, pasamos ao Carballal que no Carballal pois,s,s si, hai varias casas. Ou sea, había varias casas ocupadas cando foi a (incomprensíbel)
E logho pasamos ao Outeiro que tamén estaban as casas todas ocupadas, e alí todo, todo debaixo do escombro. Logo pasamos ao Castro que é da parroquia de Seoane que actualmente viven dúas personas no Castro, e había pois tres, quedan dúas. É o que queda da parroquia de Seoane, o, o, O Castro que o resto quedou todo debaixo dos escombros. E mais parte da (Penaeiriz) pero na Penaeiriz xa non vive nadie, eh! Solamente vive unha señora alí, pero nada máis.
A. R: Usté, se non me equivoco, e,e,e perdeu a vista aos vintedous anos.
E.: Aos vintetrés.
A. R: Aos vintetrés anos.
E.: Aos vintetrés anos.
A. R.: E,e,e dese tempo atrás, do que xa non ve ninguén, nin vostede nin nós, que quedou aí enterrado. Como era? Como eran eses, eses, esas aldeas que quedaron debaixo da escombreira?
E.: Pois, era unha zona bastante boa, eh! Unha zona bastante boa porque había outras zonas muito máis malas que podían coller pra a escombrera pero, sin embargho, pois colleron aquelo era unha zona mui buena
A. R.: Pa cultivo? Pa (...)
E.: Si, si. Pa cultivo. Había unha señora que dicía cando, cando iban espropiar, porque aquí a ENDESA parárono unha temporada, aí, no lughar de (incomprensíbel) e había unha señora que lle decía: "(Oigan) vaian ustedes bota-lo escombro a outro lado que donde somos nosoutros dáse o azafrán". Tiña pouco, tiña pouco pero bueno.
A. R.: Era boa terra.
E.: Pero era boa terra, eh! Era boa terra, non ves? Era mui llano.
A. R.: E ten recordo dalgún sitio, por cando neno, onde xogaban, onde se facía a festa?
E.: Ai, si! Recordos deses, si. De, de, de e de donde se facían as festas tamén. Pero, e de onde se xogaba, igual. O que pasa é que daquela non había xoguetes.
A. R.: Bueno, xa. Pero, refírome a que, de vez en cando, acórdase daquel sitios?
E.: Si. Si. Si.
A. R.: Si?
E.: Si. Si que me recordo. Si que me recordo. Si que me recordo. E,e,e bueno, que cada vez que vou por (...) Porque eu teño a casa alí en San Martiño, en Ghoente.
A. R.: Si.
E.: Qu'eu era da parroquia esa, non? Pero recórdome cando (incomprensíbel) quedou toda debaixo do escombro. E, e recórdome de, de, do lughar onde eu nacín, pois, que aínda me dá así un pouco de, de, de pena, de tristura. Deixalo así, debaixo dos escombros (incomprensíbel)
A. R.: Estou seguro que usté é dos poucos que aínda poden ver eses sitios porque o ten retido na, na memoria como era antes de quedar aí...
E.: Pois si, pois si. É que eu, por ejemplo, se me movo todo na ladeira esa do monte, aínda (sitúo) onde estaban a maior parte das casas, eh! Si. O sea, que namais que indo e (incomprensíbel) vamos pasando por tal sitio, unha persona que conocera igual ca min (...)
Isidro Novo: Apúntanme aquí, alguén que o coñece, que, que parece ser que vostede tiña unha moza antes de quedarse cego. Pero, despois, vostede podía ir á casa sin necesidade de ver. Non sei, é algo que me apuntan aquí.
E.: Si, si, si.
A. R.: Podía ir ve-la moza...
E.: Apúntanlle ben.
((Risas))
E.: A moza terminou sendo a muller.
I. N.: Ah!
E.: Apúntanlle ben.
I. N.: Pero como facía? Ou seña...
E.: Pois iba.
((Risas))
E.: Ou viña ela xunta min, ou tiña qu'ir eu a xunta dela. Unha das dúas cousas.
I. N.: Claro!
A. R.: E atinaba?
E.: Si.
I. N.: Atinaba.
E.: De marabilla.
((Risas))
E.: (Incomprensíbel)
A. R.: Bueno, pois eu de verdá que me apetecía seguir falando. Mire, e voulle decir unha cousa, vostede é o cego que ve.
E.: Bueno.
A. R.: Si. Eu sei, supoño que,e,e quedar cego a esa idade, cando xa disfrutara coa vista de moitas cousas, e logo perdelas, que é terrible, non? Pero,o,o eso que ve vostede, é que desgraciadamente ademais quedou aí enterrado, solo o ve vostede. Solo o ve vostede, nin siquera nunha foto se vería mellor.
M. S.: No, no, no. Porque el di (...)
A. R.: Que non sei se a hai. Xa non a haberá...
M. S.: Si te sitúa aquí, e miras hacia non sei que, no camiño quedaba, tal, tal, tal, tal. Marcaba eixos e iba situando as casas.
A. R.: Que marabilla?
E.: Si, si. Pero non solo iba á casa da que terminou sendo a muller miña.
A. R.: Iba, iba ás demais ouh?
M. S.: Pero non mocear!
E.: Non, non!
A. R.: A outras cousas!
E.: Ahora que se falou aí das costureiras, á miña casa iba coser unha costureira e,e,e tiña un mozo, pero bueno o do mozo inda vén máis tarde. Resulta de que tiña un hermano e fíxolle de xeito uns calzoncillos, e solamente os sacou cando os acabou.
((Risas))
A. R.: No, é que hai aquí costureiras, é que eran bos!
E.: E logho, esa costureira tiña un mozo.
A. R.: Si.
E.: E un día, foi o mozo dela, ela estaba cosendo, foi á casa alí onde estaba cosendo ela, e díxolle ela: "Mira, viches alghunha vez as braghas das mulleres? Dixo: "Non". Dixo: "Pois aí a tes". E dixo: "Jamais volvín xunta dela. Esa é unha sinverghuenza" (incomprensíbel) A que estaba facendo ou a que tiña posta? A que tiña (...) a que estaba facendo! Pois (incomprensíbel) a outra!
A. R.: Bueno, pois ímolo deixar aquí Eladio. Moitas gracias!
Autor/a da transcrición: e~xenio