Eu viña p'aquí pensado que contar e, con Isidro, e con Antonio e,e,e e,e,e Loli e todos (...) Falaron de Tomiño, eu estiven vivin/ vivindo un ano aló, e dicíamos que as historias son e,e,e camiños de ida e,e,e de volta. Ademais, sobre todo aquí no noso país, na Galicia, que e,e,eso, eso sabémolo ben, que incluso o último camiño que percorremos que é o da morte, e,e,e moitas veces ten volta tamén. Incluso na,a,a (...) Sobre todo en época electoral, non? Que vén (...) É ese proceso de participación masiva, eh? da cidadanía polo cal vén votando máis ou menos, aproximadamente, o 110% do censo electoral. Cifra arriba, cifra abaixo. Alí pola Peroxa, nas últimas eleccións, hubo unha pintada no colexio electoral. Poñía, estaba mui ben, non? porque poñía, poñía alí fóra, bueno había a pintada i hai a lápida, tamén, dun tipo de Chantada, que reflectía con humor esto, no? Poñía na lápida: "Non choreis máis por min. Vémonos nas municipais."
Ben, en todo caso, as historias de ida e de volta, e,e,e (...) Viña, viña p'aquí, e viña pensando nun artigo de Hume, tamén, que escribiron sobre os reloxos de sol, e,e,e das Pontes. Eh! E,e,e da última vez que pasamos por aquí, díxome meu fillo, Loisiño, díxome: "Papi, y que hay en Las Pontes?". E dígolle eu: "Pois hai (...) Dixe/ díxenlle, pensei no artigo, e díxenlle: "Hai reloxos de sol fillo." E dixo: "¡Ah, pues creo que ya estoy viendo uno! ((Risas)) "Non fillo. Esa, esa é a cheminea."
Din clase aquí, tamén, e,e,e e andaban os chavales do instituto obsesionados con: "Tienes que ir a ver la pintada. Ya verás. Vas flipar!"
E,e,e eu non íba, non iba verlles a pintada hasta que unha vez pasei con Clío por alí, logo estampeino un día por, por Mugardos, pero,o,o pasei no Clío e vin a pintada que puxeran, e si que estaba ben. Agora, xa non está, pero poñía alí na chimenea, poñía: Papá Noel, échale huevos.
Ben. O caso (...) A pintada era boa. M'entendes? Claro. O tema (...) e xa remato, e xa me despido, e,e,e pra non lle restar solemnidade á tarde, eh? Eu contaba (...) Eu (...) No Baixo Miño, estivemos vivindo un ano, e falando de reloxeiros, i ademais vénme á cabeza, tamén, polo artigo (...) e falouse aquí, falou ela da, da Casa Bouza, que logo era do José Bouza de la Suiza (...) donde se collían as máquinas, tamén se querías bicicleta ibas p'alí, teño entendido, pr'a Suiza (...) Que debe ser algo común aos reloxeiros porque na planta baixa, aló en Tui, onde vivía eu, vivía un reloxeiro, Ernesto, e,e,e i el contábame, tamén, historias, el andaba alí coa bicicleta sempre. Tiña setenta e pico anos, andaba na bicicleta, bueno ho, me seguiu sen problema ningún. E, contoume, que foi aí por onde eu me interesei das historias do contrabando e da fronteira e, sobre todo, das historias de dia e volta por unha que me contou que,e,e porque el dixo que andivera 30 anos ao contrabando, e que nunca o colleran. E, díxenlle eu: "Pero, vamos a ver Ernesto, eso é imposible. Ou sexa, e logo anduveches 30 anos ao contrabando, algunha vez durmirías na (incomprensíbel).? E dixo: "Estouche dicindo que non." Pero, pero vamos a ver, 30 anos e nunca te colleron? Dice: "Nu,u,u,unca!" Pero terías algún secreto? Dice: "Secreto? Ninghún." Dice: "Hai qu'ir tranquiliño." Pero por mui tranquiliño que foras, en, en 30 anos de contrabando e logo, nunca durmiches no cárcere? E dixo: "No,o,o." Di/: "Había varias tácticas." Dixo: "Unha, unha era o monte." E digo: "Como que o monte? (...) "A veces, axudábache o monte tamén." Como te iba axudar o monte Ernesto? "Si,i,i. A escapar da Guardia Civil. Saín (...) Unha vez saín correndo polo monte, era de noite, viña,a,a a Ghuardia Civil detrás, e fun de fuciños contra un castiñeiro, e caín deitaó, e salvoume o monte esa noite."
E fora sangrando polos fuciños, eh! polos fuciños pa casa. Pero contaba que dice (...) Pero vamos a ver Ernesto, e logo,o,o nunca te colleron? E dixo: "No,o,o. Estouche decindo que no. Eu iba na miña bicicletiña tranquilamente." Dice: "De Tui pra Valença" (...)
Sabedes por alí, non? Nós sabemos porque,e,e había buses (...) Aínda se vai. Vas no bus, e vas por mantas, por edredós, toallas, alí, entendes? Fin de semana. É un punto mítico, non?
E dice: "Eu iba tranquiliño, na miña bicicleta, cos meus saquiños de Tui pra Valença, tiqui tiqui ti, taca taca ta, e de Valença pra Tui, tiqui tiqui ti, ta." E digo: "Pero, e nunca te colleron?" Dice: "Na,a,ada. Nunca me colleron. Parábame a Guardia Civil, rexistraba o sacos, miraba. Documentación. Iba pa a outra beira. Parábanme os gardiñas portu/ os picachourisos."
Porque lles chaman picachourisos porque baleira/ baleiraban as tripas de porco. En tempos, as mulleres que andaban ao descamiño, eh? pois baleiraban as tripas de porco e enchíanas de graos de café, ou,u,u de aceite, ou de leite, do que fora, non? E entón, o,o,os gardiñas portugueses ficaban ca punta do fusil, eh? pra delatalas e que caera a, a mercancía, m'entendes? E delatalas. A veces, cando picaban aos chavales era algo máis complicao, picaban o chourizo, a veces, tamén, non? Picaban o chouriso.
Total, que dixen: "Pero vamos a ver Ernesto, e logo nunca te colleron?" E xa remato, no? Que hai que, hai que seguir, hai que volver pa Lugo. E dixo: "No,o,o. Estouche decindo que non. Eu iba na miña bicicleta de Tui pra Valença, tiqui tiqui ti, taca taca ta, e de Valença pra Tui, tiqui tiqui ti, taca taca."
Pero, vamos a ver, eso non cho cree naide Ernesto. A ver, se formal. Xa temos confianza, non? Dice: "Estouche decindo que non porque eu, eu non contrabandeaba con sacos, eu contrabandeaba con bicicle,e,e,etas."
Autor/a da transcrición: e~xenio