Seguramente sabedes e,e,e o,o,o o nome que lle dá ás Pontes (...) As, As Pontes era As Pontes d'Hume (...) No, no século XIV, parece ser que o,o,o había un adiantado que se chamaba, se, se chamaba e,e,e García Rodríguez de Valcárcel e Balboa, era o adiantado qu'estaba posto polo Rei aquí. Despois, ese adiantado e,e,e tuvo unha filla que se chamaba Constanza que casou cun tal Freire de Andrade, e tuveron un fillo que se chamou García Rodríguez de Valcárcel e Balboa, tamén, como o pai, pero que foi ao que lle concedeu o señorío e,e,e Pedro Enríquez de Trastámara, non?
Ese, ese señor, xa das Pontes, o que lle dá o nome ás Pontes de García Rodríguez, parece ser que tuvo un fillo, e que foi trobador. Non está mui claro, non está mui, pero el aparece (...) o seu nome aparece por aí, e atribúeselle (...) houbo quen lle atribuíu seis canciós, pero parece ser que (...) bueno, qu'eses folios que aparecen dicen: Outra do mesmo, e tal (...) Claro, non se sabe si se colou a alguén, falta unha páxina (...) Entón, o que di: "Outra do mesmo, outra do mesmo", é de Pedro de Valcárcel, que é como se chama o noso trobador, ou é de outro por aí. O que casi se considera qu'é del, é unha pregunta, destas con mala intención, que tiña en castelán, a un, poñendo en cuestión a súa virilidade que di así, a un tal Gonzalo Lopes. Dice:
Gonçalo López dizen qu’es cordura
preguntar el ombre por más saber
e yo por ende quiero vos fazer
una pregunta en toda figura:
dezidme agora por vuestra mesura
si es verdad lo que me an contado
qu’el vuestro venablo es ya quebrantado
e desnerviado por la coyuntura.
Pero non hai resposta. O que lle tiña que contestar (...) Se ve que falta o folio aí, e non aparece.
Autor/a da transcrición: e~xenio