Serafín Mourelle: Eu non entendo a terra como algo meu. Non o entendo. Nin me gustan as fronteras. Os inventos peores que vosdemos** facer os humanos, ou que fixeron, foi crear os deuses, non crer en si mismo antes que nos deuses, eh? As fronteras, como che dicía antes, só daquí pr'aquí, porque, claro, despois das fronteras tuveron que formar macanelos, pa que zouparlle ós que se puideran presentar. E eu non entendo no así. Cando foi, me parece foi, do Prestige, pois resulta que eu quedara cos de Izquierda Unida. Entón cheguei a Santiago, alí no pa/no parque, chovía a Dios, como sabedes, acórdavos de cando foi do...?
Antonio Reigosa: Si.
Serafín Mourelle: ... do Prestige ese. E entoncese déronme unha,unha peghatina. Eu quíxena pegar na testa e,e non me pegou. Non,non (incomprensíbel). Saquei un pañuelo destes dos de antes, non? sas, sas, pumba! Pegueina na testa. E un meu paisano alí ó meu,ó lado dime: "Amigo, esa é a que ten que u,utilizar" (así, textualmente) "para pensar." Eu mireino así e dixen: "Mira, esta pensa tanto, que si me sinto pechado, desde Portugal a Ortegal, eh?, e de Fisterra a Pedrafita, esto, éntrame claustrofobia." "É verdá, joder, oye." É que eu,eu estou, mira, aquí ahora eu teño moitos amigos da,da, teño moi bos amigos, si, si.
Antonio Reigosa: Si,si.
Serafín Mourelle: María Je/Jesuso (...) Pravo,Bravo, a que foi con, esto, conselleira de Cultura aquí, é unha señora fetén, lle te,que lle quero moito. Ai está José Manuel, e,e, Carril, me quere moito el a min, me chama avó, e eu chámolle: meu neto, eh, é dicir, igual ca,ca muller del. El non se avergonza... José Manuel, acórdome dunha ves que había un acto conxunto, ou non era conxunto... Eu doume por poñer aquí un pin do Partido Comunista, porque, ademais, son militante do Partido Comunista. Claro, despois entra a crítica: "Coño, co comunismo". O comunismo non se aplicou como pensamos algús que se debía aplicar, mm? O que temos claro é que o capitalista veu a onde vai, e vai a peor. O planeta xa non soporta a presión que se está ejercendo sobre el, eh? E seguimos aumentando as familias, que tampouco se poden prohibir, pero, polo menos, enseñar a que nos controlar, porque somos nove mil millóns de habitantes na Terra, e vamos para aumentar ou duplicarse dentro de des ou quince anos, ou,ou vomitar. Entoncese, estas cousas hai que miralas, e repartir equitativamente, eh? Non porque teñas ti e sales (incomprensíbel), ti tes. Pero bueno, como pode ter Amancio Ortega eses,ese,esa,eses admiradores que porque é traballador, dixo: "Pero aquí traballamos moito e nunca chegamos a facer esa fortuna, joder!" Pero ese tío estaba metido na fábrica en, que é en Bhopal, eh?, veu o teu abaixo e morreron dúas mil personas, me parece, entendes? E eso non, o nombre del non aparece: "Bueno, carallo, (incomprensíbel). Ha de andar el (incomprensíbel)." Pero os intereses del, alí ten os testaferros en tódolos lados. E que non me diga a min ese paisano, que eu conocín xente que traballou con el e que lle marchou, inclusive."
Serafín Mourelle: Poñámonos de acuerdo. Poñédevos nele. Porque esta xente que está no poder, que son verdaderas mafias, non o digo eu, que o dice e,e Roberto Saviano, e o retifica (...) este, Cándido Barral. Conoces, tes nación de Cándido Barral? Impresionante. Sábados en,en,na SER, ten,ten un,un pequeno intervención que lle chaman "El Periscopio", pero impresionante, eh? Non sei se o tes oído, pero...
Antonio Reigosa: Si, si, sobre todo.
Serafín Mourelle: E entonces, eso, Cándido dixo: "O que queira saber o que pasa en España, que lea a Roberto Saviano." Eu xa o leera, volvino a leere, e efectivamente: vivimos nunha mafia estendida a nivel mundial, eh?
Antonio Reigosa: Si.
Serafín Mourelle: Pero xa aquí, é de verdadeiro e,e eu non sei. E a xente sigue aplaudindo. Como digo eu: siguen aplaudindo mentres lle foden,foden a carteira. Métenlle os dedos nos ollos, fódenlle a carteira, e siguen (...)
Autor/a da transcrición: e~xenio