Serafín Mourelle: Meu avó materno tiña moitos libros na casa, era un letor empedernido. Era un,un home moi culto p'aqueles tempos, eh? Dous tomos que tiña eran da I Guerra Mundial, a,a Guerra do 14 ao 18. Eu téñoos lido, claro, a min gustábanme moito, como me gustaba ler as historias de Napoleón, eh? E,e,e despoise, para escribir un,un poema, anque sea con moitas faltas de ortografía, que aínda as teño hoxe, (...) Si,si,si... E,e teño algunhos problemas aínda. Quen me dera tere, sempre suelo decir: a poesía pasa polo costado, poesía haina en tódolos lados, hasta en este, nesta historia, neste espacio sin homes, podes, bueno, se che se ocurre algo, escri/escribir un poema. E no mar, oye, cada orto e ocaso é unha, podes facer poesía de moitas maneiras...
Antonio Reigosa: Pero hai que sentila, hai que sentila...
Serafín Mourelle: Home, xa! Pois eu, precisamente, eu síntoa, sentina, e,e palpábaa, pero faltábame ferramenta.
Serafín Mourelle: Cando encontro, por exemplo, unha metáfora, que vai ca idea que eu teño, bueno, pois é unha satisfación e,e miña.
Autor/a da transcrición: e~xenio