Serafín Mourelle: Rafael Alberti?
Antonio Reigosa: Si.
Serafín Mourelle: Si, home. (...)
Antonio Reigosa: Donde foi?
Serafín Mourelle: Rafael veu aquí a presentare unha obra do teatro de,e, dun texto: "La lozana anda/andaluza", se titulaba. Entonces, el,el veu a presentar aquí a obra, mm?. Ó Tea/ó Teatro Colón, e a min sempre me gustou o teatro e o cine. Eu, a miña pasión son, non teño máis, odio o fúbol, non o deporte, odio a política de fúbol, que vergonza nos debía de dar a moitos apoiar esa política, é unha aberración. Bueno, entonces, cando salimos, terminou o teatro, salimos, eu e maila, a paisana, e había, estaba alí Alberte sentado. Estaba Rafael sentado con catro ou cinco. E entonces dille un: "Mira, aquí tes un mariñeiro de verdá." E que díxome el: "Yo solo soy un marinero en tierra." Levantouse, doume a man, moi corretamente. Díxenlle: "Ti eres moito máis. Ya quisiera yo tener [risos]... las titulaciones que tienes tú." Bueno, ele quería falar comigo, porque esa xente ten muita curiosidá.
Antonio Reigosa: Si, si.
Serafín Mourelle. Como tendes vós, des/conde falar, conocer o que desconoce, a sensación que lle pode causar a persona, tal. E a min houbérame gustado falar con el, pero estaban os outros e...
"Marinero en tierra, un gran capitán, que supo encontrar, a/apartarse del peligro, luchando apartarse del peligro, y recalar en la arboleda perdi/en tu arboleda perdida. En,en la tacita de plata, tu Cá/tu Cádiz natal". La arboleda/leda perdida.
Autor/a da transcrición: e~xenio