Eu cando iba pa popa, que dice Xurxo Souto, e é verdade, que iba cunha cerveza e un cigarro. E, se estaba a calma, claro! Entonces, porque me relaxaba moito des/dáballe instrucións ó segundo e ó mellor botaba unha hora na popa, fumando un par de cigarros e cunha cerveza. E sempre me preguntei como é, como poido ser, que o home tuvo necesidade, claro!, explícase fácil, non? Tuvo necesidá de crer en algo superior a el, porque arruinou a súa vida, como cando creou as fronteras, que despois viñeron os,os macaneros, que para defende-la frontera, eh? Daquela ponte pa, daquel monte p'aquí que non pase nin Dios, e,e do río tampouco. E a fruta que hai aquí, e,e maila caza, esa é nosa. Enténdelo? O home nunca supo compartir. E foi,fomos,somos egoístas, e se non tes un,un algo de condición humana, entonces evidentemente caes nesa,nesa aberración de,de faltarlle o respeto a,aos que están por debaixo de ti, que,que,que non che teñen culpa dos teus problemas.
Autor/a da transcrición: e~xenio