Serafín Mourelle: En,e na Barca, onde era esto?, en Muxía, téñolle oído a Xurxo Souto, nunca lle levo a contraria eu, eh? Veu un paisano, un tal Machín, destes que chegaban:
Antonio Reigosa: Si,si,si.
"As cousas do mar non se contan en terra, hai que gardalas no peito." Se contáramos algo máis do que contamos, porque eu tampouco era partidario de,de chegar a tar con esas cousas, probablemente hoxe nos cantara outro galo, ao millor víamos algúns máis barcos que por aquí. Pero aquí, cando se levaron as licencias, que eso foi o primeiro, ó vir as normas da Comunidá, aquí non había empresarios, había individuos de circunstancias, como se dan moitas veces na vida, eh? Xa non eran os nosos pais que habían comprado un barquiño, ou a través do crédito habían conseguido un barquiño, eh? Non, eran xa os que pasaron pola porta da Universidade e non foron capaces a entrar dentro.
Serafín Mourelle: Aquí pasou algo así como co leite. Pero eu, aquí, naquela,naquel edificio que está enfrente, que era de antes, era antes a Asociación de Empresarios, alí, Arcoas, e tal e cual, alí detrás, no,no grande, non? Poise fun escoitar a Manuel Marín sendo conselleiro ou como se...
Antonio Reigosa: Comisario.
Serafín Mourelle: Comisario de Pesca en,en,en,en Bruxelas, a máis a,a Fernández Laxe.
Antonio Reigosa: Laxe.
Serafín Mourelle: Laxe, eh? E sabes?, cunha sutileza propia nel, pois que,que as licencias eran as que había, pero que nosoutros podíamos que/nos, nos insinuaban claramente que podíamos ir clandestinamente. Que despois, e tanto é así, bueno, e que despois os armadores inda se podían arreglar entre eles. Tanto é así que os armadores fixeron un fondo, donde deixaban 50.000 pesetas cada barco, cada marea. É un capital que despois non lle pagaron nin a Dios o tanto por ciento, cando deixaron de romperon/cando romperon esa sociedá, eh? E pagaban a multa dese fondo. Esa era a idea inici/, de inicial, e cobraron tres ou catro barcos, non cobraron máis. Despois rompeu aquela sociedade, e cada un se quixo sacar o barco de,de,de libralo, donde fora preso, poñía os cartos eses. Bueno, eso unha, eso foi e,e Laxe e máis Manuel Marín, i eu teño cartas, por algunha parte as teño, que tería que buscalas, donde se dice: estrictamente personal, donde se daban instrucións para falsifica-lo diario de pesca, enténdelo? Ou sea, que os,os,os culpables non eran... os,os patróns fomos sempre marionetas nas mans dos armadores, non? (Incomprensíbel) como me vas a dicir ti como teño que falsear o diario? Evidentemente, eu se teño, se teño cen caixas de pescadilla, pro diario fun des. E se me vén o patrullero, que te,xa cho dicían eles, pero tampouco facía falta que cho dixeran: "Detrás daquel cero, poñerlle outro." Para que non che collera o,o patrullero e che levara esa paterna, enten? Ou sea, que e,e se nos vía o patrullero, pasábamolas putas, porque...
Autor/a da transcrición: e~xenio