Serafín Mourelle: Dous dos componentes máis e,e importantes que ten a auga do mar é o sal. Despois ten var/outros varios, pois ten tamén iodo e outras dúas ou tres máis, non me acordo agora...
Antonio Reigosa: Ten sales de todo tipo...
Serafín Mourelle: Si, e,e entonces, claro, ti vas po mar. Eu tiña un color lustroso. É igual, e,e desde o aire (incomprensíbel). Taba no puente, pero salía fóra mirar os cables. Eu era moi inquieto. E,e andaba sempre moi atento ó traballo, non era para un perso/paisano de telefonía. Abriu sempre: "Coño! Por onde andas? Non dis nada." E dixen: "E por que (incomprensíbel)." Se a min fut/me fixera caso do que dicides todos, pescades todos máis ca min. (...) Resulta que tiña un co/olor crema, desese, eu e mailos compañeiros. Era deso, dos,dos,dos,dos,do iodo ese, do mar que huele. O mar huele cando chegas e, ese olor parece que, como diría eu? Parece que che dá a vida.
Serafín Mourelle: Eu levaba pouco tempo tratando a Paco, pero é deses homes en que as neuronas, esas que lle chaman a,a,e,a as neuronas reflexo. Dos que xa,xa entras e cáeche ben. Ver a faciana del e ver esas formas, non? E,e, e caeume ben, Paco.
Antonio Reigosa: Un home de mar, un home de poesía.
Serafín Mourelle: Caíame moi ben Paco.
Antonio Reigosa: Un home novo...
Serafín Mourelle: Eso, inda,inda hoxe, pero tardou días en levar eu, o que me pasa a min, cando morreu meu irmán no,no Gran Sol e todo eso. Pónseme aquí un,un nudo no,no peito, que tárdame moito en pasar. Solía pasarme tamén cando tiña no mar, como diríamos? un entullo, un problema como cando caeron os homes ó mar, eh? Entón, mentras estamos na maniobra de salvalo, tiña unha serenidá, que mo teñen dito, eh? Unha serenidá pasmosa. Pero despois botaba dous ou tres días moi mal. Apenas se comía, non tiña ganas de comer. E angustiado, angustiado, hasta que todo te vai curando e,e,e si. Pero pasábado moi mal durante dous ou tres días.
Antonio Reigosa: Pois, eh.
Serafín Mourelle: Bueno, eu a Paco, Paco, claro, por iso lle adiquei o libro a Paco.
Autor/a da transcrición: e~xenio