Serafín Mourelle: Eu nunca estuven moito de acordo con Xurxo Souto e con Xosé. Un lobo de mar. Hostiá! Que é eso? Máis ben asocio eso de lobo de mare a unha persona irresponsábel, non, non. Hai que ser moi reflexivo, e tes que dominar moito o sistema nervioso. Muito é porque non o podes evitar, pero non o podes evitar, pero podes evitalo. Autodominio dun mismo. Eso eu tiña, reflexionaba, so,moito sobre eso. Por ejemplo, como che podo dicir eu? Tes que estar preparado mentalmente por se che vai un home ó mar, que a min xa me foron dous, pero afortunadamente ca/salveinos, eh? (Incomprensíbel), máis porque eu tiña tranquili/, ou sea, é dicir, estaba mentalizado, eh? E o contra[mestre] dicía: "Ti, se hai algunha emergencia, maquinilla." E acórdome que, unha ves, un chaval, subindo por unha escaleira pa popa, foi ó mar, o rapás. E entonses eu, ou sea, dixeron eles: "Vai un home ó mar", e eu parando o barco xa. Pero o barco inda vai ca inercia, inda avanza uns metros. E, claro, eu salín e collín xa un aro e xa llo tirei, cerca. Saleu o segundo detrás miña, tiroulle outro aro. Epa! Entón iso, e claro, o barco despois, perde-la arrancada, co peso dos cables tamén vai atrás, hasta,hasta a perpendicular do,dos cables. Salvo que tamén haxa vento, e que che tire un pouco para sotavento, ou sea.
Total, que o rapás estaba como a unha distancia como daquí a aquel interruptor (...), e nin fixo, facía nada pa coller o salvavidas nin para eso. Eu,u n'as tiña todas comigo, non? Entonces, dixen: "Alfredo! Vira, vira!" E vexo, dou a volta e vexo detrás de min: "Mecago en Dios, ti tes que estar na maquinilla, eh?." Alá foi a virar os cables para ir indo co barco a el. Con todo, porque xa non virou no momento, que,e, bueno! Total, que veu o cociñeiro, era unha troita, era un chaval de,de,de vinte e poucos anos, como o Coio de Noia. Gran cociñeiro, un gran cociñeiro. Xa anduvera nos barcos estranxeiros de cociñeiro. Era fuerte. Non quería que nadie lle tocara a limpieza dentro do barco, esa era cousa del. Poñía un pañuelo, un pano, un trapo dos que viñan pa limpieza como un pirata, iba desnudo de medio pa riba, e veña, fras, fras! E facía todo, todo o facía ben, o José de Coio. E entoncese, José xa salvara a outro, noutro barco. El tirouse ó mar. Entonces, primeiro quíxose tirar e díxenlle eu: "Espera un pouco, espera un pouco." Eu tiña no puente, que era outra das medidas de precaución, unha lienza de cincuenta metros, de 8 milímetros. Chegou un día o contramestre: "Esto é intocable." Cunha bola, non sabes?, pa bolear así e tirarte, non sabes? Pero quédalle a bola a un metro, e o rapás non facía por collela, non facía de tal. Entoncese dixen eu: "Non.", primeiro dixen eu: "Mira, José, espera. Se fai falta, (...) xa,s, subes, xa estaba desnudos en calzoncillos, e cando vin eu que tal, amarreille a,a lienza pola cintura. E dixen: "Agora tírate se queres." E tirouse. E tróuxoo ó costado, alí á popa mismo, estaba alí a popa, e despois: "Non solte-lo cabo." Levámola á parte maís baixa da cu, da,da tapa tranganil, e ali, pois, collémolo.
Autor/a da transcrición: e~xenio