Serafín Mourelle: O peirao da Palloza, o muelle da Coruña, ou sea, a xente da Coruña, debía rendir/rendirlle unha homenaxe a,a,ao muelle e a todos que traballaron no muelle, porque mulleres viúdas, eh?, quedaron viúdas se acaso por,e, polo gatillo, non? Ou, iso, que non tiñan outra cousa, collían unha patela, mm?, pedíane cen pesetas, había unha pro/pro, como unhos prestamistas aí, e dábanlle cen pesetas ó troque de,de darlle, de devolverllas ó outro día como unhos 50, iso xa non o sei, pero sei que era así, e colleu unha patela e iban pa plaza de Santa Lucía, pa plaza de Lugo ou pa plaza de Ourense, eh? E así quitaban (incomprensíbel).
Antonio Reigosa: Uns anos de miseria...
Serafín Mourelle: De fame e miseria, claro, claro. Lumpen, verdadeiramente. Había quen collía aquí catro ou cinco merluzas, tamén así, e poñíase na entrada do peirao a,a,a vendelas un pouco máis baratas que podían compralas na praza.
Serafín Mourelle: Cando cumprín os catorce anos, porque antes non me deixaban, non che deixaban ir ó mar, se non tiñas alguien que respondera por ti (...), e, claro, eu conocía, a,a, meus pais conocían a algunha xente, e,e, pero non se comprometían, porque era un cargo, e tiñan que ter cuidado aquel. Bueno, por fin cumplín os catorce anos e embarquei nun,nun barco do cerco. Chamábanlle Talafas, Talafas, daquela barco do cerco, a sardiña, o xurelo, ou o que,o que se pudera. E empezamos a traballar aquí na ría, que era, que na ría ibamos pola Torre, por fóra da Torre, e hasta e,e,e onde están facendo, hasta as Sisargas, se había peixe por Sisargas. E,e tamén non se ganaba, pouco pescado, non. Recordo que houbera un/uns anos de fallo de sardiña, o cuarenta... sete e o cuarenta e oito, que pouca sardiña houbo aquí, que íbamos a Muros, que había moita alí, moita na ría, e (incomprensíbel). E así, (incomprensíbel), dalí, e se, chamábanlle o Almirante ó barco...
Antonio Reigosa: Que facías tu nese barco?
Serafín Mourelle: Ai, eu era o ra, de rapás da limpieza, a limpieza.
Antonio Reigosa: Solo?
Serafín Mourelle: Ai, non, non, tiña que currar, tamén.
Antonio Reigosa: Ah!
Serafín Mourelle: Conforme,e, esto sabe José, o cerco, a arte de cerco, ten unha,unhas,un,un, tiña corchos na relinga superior, na relinga, mm? E na inferior, uns plomos, e tamén unhos pies de gallo, así, donde iban, no vértice, cunha chave. Por esa chave pasaban unha ghareta, é dicir, un cabo deste gro,gro,groso, si,si,si, pois un cabo de 35 milímetros ou así, e,e,e alí eu collía, conforme se estaba mirando á,ás chaves, para cerrar o,o, pa que non marchara o peixe había que andar moi lixeiro. Era unha maniobra de, tu deixa... (incomprensíbel), subías todo p'arriba e eu collía a malleta. Collía unha das,unha das malletas, e así pasei moito frío, pasaba moito frío aquí na,a, aquí, porque aquí cando vén, esto sábeo ben José, cando vén o,o,a,a burela o frío ese do,do Pasaxe, eh?, que despois aí porque era o fenómeno, é que as aguas do río baixan moi frías, eh?, e,e, chegan as do mar, e chocan coa do mar, e levántase ese vapor que é pura humedade, son moléculas de humedade en suspensión; é dicir, ou partículas de,de agua en suspensión, que eso, teño chegado aquí, temos chegado aquí ás, a s/, e ser as doce da mañán, e sin tientos aínda.
Serafín Mourelle: Acórdome que,e que iba buscar unha barriña de pan, e cando me daban os cartos do sanduí, nos daban un caixón de sardiña, xurelo, ou o que houbera, que, para vendelo, a repartilo entre todos, e tocaba, naquel tempo das pesetas, doce pesetas ou quince pesetas podían tocar (...) a cada un. E cando mo daban, pois eu xa iba comprar unha barra, que tiña, tiña moita, moita debi/, moita fame. E unha ves taba sacando así, e non era capás de colle-las pesetas que me acababan de dar, e tíñaa no tiro, no peto. E collín así, pa que as collera,a... E dixo: "Ai, meu filliño, canto frío tes!"
Autor/a da transcrición: e~xenio