Serafín Mourelle: Como se movía miña nai pa darnos un plato de comida? Pois un irmán que tiña eu e que me levaba a min tres anos, que tamén e,e morreu xa, Alfonso, pois andaba embarcado nun,nun barquiño destos, patachos, de levare (...), naquel tempo as cargas por terra non había... Recordo que iban a,a Vegadeu, levare de pino, rolla, para a papelera. Traían outras veces, teñen traído deses gharabullos gordísimos de toxo. Atracaban alí na Marina para facer carbón vegetal, pa eso era. E,e,e eso que ganaba, máis algo que tamén mandaba outro irmán, o maior, que estaba en Pasajes andando á, (...) Despois cando viñeron p'aquí, miña nai díxolle que quedara aquí, porque para andar alí á pesca, tamén podía andar aquí. E,e eu viñen, e o primeiro que fixen foi ver ao peirao. Eu estaba acostumbrado a ver o mar, e sin o mar non,non vivía. E por circunstancias...
Antonio Reigosa: Costou, custouche traballo, e,e?
Serafín Mourelle: Si que me costou, si. Non me foi fácil penetrar na Coruña. Primeiro eu, vivíamos alí en Santa Margarita, un pouco máis pa baixo. Conóce-la Fonte Nova? Bueno, Fonte Nova. Pois alí había unhas casiñas, e alí vivimos nós, e, bastante apiñados, por non decir mui apiñados. E pasaba o coche de Corme todos os días. Pasaba pola mañán e pasaba pola noite (incomprensíbel). Teño estado tentado a,a colle-lo coche. Non, ho. Eu non me, eu non me amañaba. E despois os coruñeses, por nada che chamaban pailán da aldea (ha, ha, ha). De verdá, eh! E puxéranme un tal Caamaño, me cagho, que aquel cabrón, fora por onde fora eu, xa cruzaba leiras ou o que fora, porque iba moito (...) Todo era leiras, desde,desde a calle Vizcaya p'arriba todo era fincas e,e eso. Eu iba pa casa, cruzando así pola, vale?, e viña o cabrón de Caamaño, tiña máis corpo ca min, non sabes? E eu, que era un guerreiro, fíjate ti como era, eu (incomprensíbel) era peleón, cos conocidos loita, as loitas salían a ver quen tiña, eu (incomprensíbel) moi nervioso, eu tiña moito nervio, eu, e,e non, era difícil que me venceran a min. Pero o Ca,o Caamaño acojonábame xa así, sin. Dábame unha hostia, unha patada, unha host, ou dúas, as dúas cousas, e eu xa taba, xa ta, eso... marcoume moito, eh? Marcoume moito.
Serafín Mourelle: A escola aquí na Coruña?
Antonio Reigosa: Si. Había escola?
Serafín Mourelle: Nós non,non tu... Miña nai non tuvo, non encontrou escola pa nós.
Antonio Reigosa: Non encontrou escola?
Serafín Mourelle: Non.
Serafín Mourelle: Aquí fun un curso nada máis. Non sabía nada, e fun á escola de don Santiago Cabanillas, que era un mestre dos represaliados, pero que, por algunha razón, non o levaran por diante, que foi raro, non? Entoncese miña nai, non sei que,que eran quince pesetas ó mes. Miña nai non sei de onde sacou os cartos, que os quit, e mandounos a min e máis a meu irmán á escola de don Santiago, don Santiago Cabanillas. Fun un ano namais.
Antonio Reigosa. Que era, nunha casa privada (...)?
Serafín Mourelle: Si, nunha casa privada. Nun baixo, así corrido, e tiñan unhos pupitres alí.
Serafín Mourelle: Ah. Non, non sabía lere pouco, e sabía pouco de todo, pouco.
Serafín Mourelle: Despois iba ó peirao, a ver se había traballo. Eu non pesaba trinta quilos. E,e, pero vinía a ver se me collían pa descargar xurelo, e tal. E hasta vin p'aquí picar as caldeiras, porque naquel tempo, mm?, os barcos de vapor, os que andaban a carbón, cada certo tempo picaban a caldeira, mm? E había rapaces cativos, delgados, que se metían polo forno e chegaban a máis sitios, te das cuenta?, ó que é a caldeira. O que escribía este, o inglés este de,de, (...) de (...) Non sabedes que había nenos para limpia-las chimeneas? E morrían pronto.
Autor/a da transcrición: e~xenio