Antonio Reigosa: Como se chama vostede?
Serafín Mourelle: Eu chámome,me Serafín,Serafín Mourelle Bugallo.
Antonio Reigosa: Ben. Onde e cando naceu?
Serafín Mourelle: E,e,o,o 20 de octubre, o/de 1933.
Antonio Reigosa: E onde foi? Onde naceu?
Serafín Mourelle: En Corme.
Antonio Reigosa: Naceu en Corme. E cantos anos viviu en Corme?
Serafín Mourelle: Hasta os 11 anos.
Antonio Reigosa: E como foi logo pa vir pa Coruña... Quen, que?
Serafín Mourelle: Bueno, eso xa é un pouco máis... Meu pai, que andaba á pesca, e,en Asturias, cando foi o dichoso Movimiento ese, o,o,o golpe ese de estado.
Antonio Reigosa: Si,si,si.
Serafín Mourelle: Pois,e quedou por Asturias. Como sabedes, o norte quedou,u, ese é o frente, estaba no,no río de Vegadeo, alí no, bueno, e el quedou alí. Entonces,e cando tomaron Asturias, meu pai e mais outros iban po frente de Cataluña. Quixeron, iban andando, ou sea, que os colleron en León a el e mais a 6 máis. Taban dormindo e cando se despertaron estaban os falangistas apuntándolle. Xa non, eh?, leváronos po pueblo, e sei que meu pai ten comentado máis dunha vez que iba entrando polos arra, polo arrabal e toparon un cura. E díxolle: "¿Y esos?" E díxolle, e dixéronlle: "Estaban ahí durmiendo en el mont/en el monte". Dice: "¿Y a qué los traeis al pueblo?" Dixo el: "Bueno". Meu pai xa se daba por perdido. E metérono alí no campo de concentración. Pero nós había moito tempo que non sabíamos de meu pai. E,e,e porque desde que, el,el giraba todo/to/todos os meses e,e mandáballe á miña,miña nai, as cartas, sempre foi un bo pai, dentro da,das posibilidades del, e,e mariñeiro. Andaba de contramestre, anduvo, e,.e logo despois meteron a lei no campo de concentración, e tampouco lle deixaron escribir. Ti sabes que o frente do norte botou aguantando pois case un ano, non?, e todo ese a,ano, can,cando a,o,o asalto ó poder, pois acabáronse os cartos e mailas cartas, e o pasábamos moi mal, porque xa éramos seis. Miña nai quedou con seis nenos, o máis vello tiña nove anos. E,e,e despois de min había outro de, que lle levaba eu dezaoito meses, así que en octubre do 33, nacín eu o 20 de octubre, así que eu tiña dous anos e medio, casi tres, cando,o, cando foi a desgracia aquela, eh? Unha, o ato terrorista máis jodido, máis duro que se dou en toda a historia. Non foi o de ETA, non. O de ETA tamén foi, pero aquelo foi...
Antonio Reigosa: Que lle pasou a seu pai?
Serafín Mourelle: Despois, meu pai, pois e,e, costou moito quitalo dalí, porque,porque tiviron,pediron, e,e informes ao pueblo, e o cura non lle quería dar un certificado. Meu avó, que era unha persona moi respetada alí, porque era,a digamos o contrastis/o, un dos contratista, el e mais outro, que non había máis, que facían as casas alí no pueblo. El era canteiro, originario de Pontevedra, do,a,de, do concello de, (...) de Moraña. E entoncese chega,chegaron alí no ano 18..., pudo ser no 1875 ou así, non? El casou alí, de,onde paraban, era unha fonda destas de antes, unha fonda que igual dormían vinte que,ca un cento, e,e miña,miña bisavoa tiña a fonda, era a fonda que había alí, que é onde está hoxe o Miramar. Se algunha vez vades a Corme, alí naceu o,o meu irmán ma,máis maior, porque despois quedou unha tía de miña nai con,con o bar, co,coa casa.
Serafín Mourelle: El, eu non sabía se tiña pai ou non. Oía fala-los pais se estaba xogando na ribeira, na ribeira dunha plaíña que había no mismo pueblo, non me vou a parar agora, porque seguro que igual o conocedes, e, a area da ribeira, e alí xogábamos tódolos nenos. E,era o berce do pueblo, eu fíxenlle un poema. E,e,e,e os outros que viñan e,e viñan os pais a collelos, ou, en fin, non?, (incomprensíbel), e a min non viña meu pai. Eu sabía que, tamén falaban de meu pai, pero non o vía, non,non, ata que un día dixéronme muchas das peripecias, que estaba preso, non,non, o,o cura non lle daba un certificado de boa conduta, tuvo que ir meu avó alí, e, claro, ó dicir que lle amenazara ó cura, esto: "Se usté me deixa unha filla con seis netos e sin pai, vaia buscando quen lle faga os traballos". "Coño! Non te (incomprensíbel) circunstancias, que non é como...", "Pero si", e díxome, "O teu", dicíalle,dicíalle el: "O teu xenro, nunca vén á,á,á iglesia", e díxolle: "Pero se non está aquí, Don Eliseo". Díxolle: "Dá igual, é un roxo!", (incomprensíbel). É surrealista todo esto. Pero foi a verdá. Pero foille, porque ó meu avó,ó tíñanlle bastante respeto por alí, e el nunca fora metido en política, e tal e cual. E bueno, veu pa, veu meu pai. Un día, estando xogando na ribeira, avisáronnos, ou sea, estivemos de luto por meu pai, porque cando caeu o frente do norte, tampouco tiñamos noticia del, e meu pai tiña dúas hermanas en Pasajes, eh?, en Trintxerpe, e entonces, un dalí do pueblo, que foi pa Trintxerpe para embarcar, que tamén estuvera no frente, dixo: "Teu,teu pai morreu no frente. Teu irmán morreu no frente. Alfonso morreu no frente", chamábase meu pai. "Como e tal?" "Pois veu un avión", e foi certo, veu un avión e botou unha bomba nun ghalpón que era onde estaba a cociña, e meu pai estaba de cociñeiro. Era cociñeiro. Un de tantos cociñeiros alí, que non era a súa especialidá, pero, pois así, e entoncese, eles, cando sentiron a aviación, se escaparon, claro, e o outro, o rapá/, o outro, o que lle dixo eso á súa irmá en Pasajes, non sabía que meu pai,i, non o veu, non se vo/non se volveron a ver máis. Circunstancias da guerra, cada un despois vai por onde lle codr/cadra. E así foi, así foi, e, destas peripecias, o colleron en León andando pa (...) Meu pai era un convencido da República, díxenlle eu: "Papá, pero ti con seis fillos, porque meu pai xa tiña 36 anos, é,é de primeiros do século pasado, primeiro, ibas ó frente." E díxome el: "E logo, ti non o ves?"
Antonio Reigosa: Cando volveu...
Serafín Mourelle: Cando volveu...
Antonio Reigosa: Usté estaba xogando...
Serafín Mourelle: Eu estaba xogando, e,e,e, era meu pai, pero eu non tiña ese interés por meu pai. Pois que non sabía se o tiña, a min sonábame, oe. "Talliño", este é un alcume que se poñen no,nos pueblos, que me chamaban Talliño, non sei por que (incomprensíbel). "Está teu pai na calle, a calle chamábanlle á praza do Pan, alí, e,e, eu collín, sin prisa, sin prisas, cas mans no peto, un tirante a rastro, que me acordo que non,que non o levaba abrochado, e cheguei alí, arrimeime alí á miña nai. Había unha chea de xente alí arrededor del, preguntándolle e, se vira a fulano, se vira a citrano, porque, claro, a xente do pueblo non tiña noticia e preguntaba. E así estuvo un rato alí, e cando miña nai veu (incomprensíbel): "Aquí tes a Serafín." Colleume no colo, xa tiña no colo a meu irmán, o máis novo, que lle levaba eu dezaoito meses, e,e colleume no colo e díxome: "Non me dás unha aperta, logo?"
Autor/a da transcrición: e~xenio