Xa sei que queda,a,a, que parece moi tope/ tópico, pero para min é un soño estar hoxe aquí. Estou vendo a grandes amigas, a Rosa, a Baralló, a Lino, e,e,e poder compartir. Grazas, Antonio, e Siro (...) Eso, (incomprensíbel) o deixamos para despois, non me estropees o discurso (he, he, he, he). E David, bueno, e moitísima xente, e Carlos, que fun coñecendo.
E á parte, foi unha total e inmenso, e tan potente, grazas á Asociación de Escritores e Escritoras, grazas a Miguel, a Antonio, a Isidro, que convertiu a Mugueimes, a Muíños, no que é, o centro do mundo. Porque mesmo chegou Américo dende Castro Laboreiro. Mesmo chegou dende Barcelona Xosé Lamela, que Xosé Lamela ademais, é xuíz honorario do Couto Mixto, non sabemos o que temos! (...)
Eu cando, cando era un estudante, o primeiro día de clases e,e,e estaba alí sentado, e díxenlle a quen tiña alí ó lado:
- "E ti de onde es?"
- "Eu son de Entrimo", dixo.
- "Ai, si! Entrimo, a pandeirada de Entrimo, de Emilio Cao, (pa, pa, parabarababa)".
E díxome el:
- "Pero ti coñeces Entrimo?"
- "Si."
- "Que raro. Porque ninguén sabe de Entrimo. Cando digo que son de Entrimo, a xente di que son de Trives." (...)
Esta persoa está aquí presente, era Pepe de Pereira, pido un aplauso para el. (...)
Desde entón estou, grazas a el, estou fascinado con este país marabilloso de pedra, de cans sabuxos, de Castro Laboreiro, de vacas piscas de cornos grandes, e de historias marabillosas. E de todas esas historias falta unha, que todos sabemos, pero que se conta pouco, que é a versión en galego de Robin Hood, que a temos. Temos en galego Robin Hood. É Tomás das Quingostras, ou Xosé das Quingostras, como din pola túa banda. E que é un home que, Marx escribiu O Capital, e son bastantes folios, e o noso Tell resumiu toda a cuestión obreira nesta frase: "O pobre non ten, o rico non dá." A ver, eu digo: "O pobre non ten", e a ver que, veña:
- "O pobre non ten,
(público:) o rico non dá".
Máis xenio!
- "O pobre non ten,
(público:) o rico non dá.
Quen queira sentar praza,
que veña á pena de Anamán.
Sete pesos de entrada,
e un trabuco na man!
O pobre non ten,
(público:) o rico non dá.
O pobre non ten,
(público:) o rico non dá."
A pedra de Anamán, alí en Castro Laboreiro. (...) Espera, vou contalo todo! Por certo, que aquí s/ indicouno moi ben Américo, a pedra de Anamán, non a pena de Numão. Que non veñan agora os,os de Lisboa a controlarnos o que falamos i o que somos. A pedra de Anamán, efectivamente. E Tomás das Quingostras, que vivía agachado nese lugar, e que lle roubaba ós ricos. Os ricos eran os curas, e cando fracasaba algunha misión, ou nalgunha aventura, volvía, e a segunda vez cortáballe a orella á vítima como a súa sinatura. E unha vez arrecunchou a un crego, non sei onde can/ onde foi, e tiña alí a (incomprensíbel) dos cartos, e dixo o crego:
- "Tomás, os cartos velaí os tes. A orella xa ma corto eu limpamente". Colleu a navalla e, ras!
Estou resumindo, e tanto armou e tanto andou por aqueles outeiros, que a propia raíña de Portugal mandou que o prendesen, que o matasen e que lle cortasen a cabeza, e que lle levasen a cabeza como signatura de que realmente estaba morto. E despois de moitas aventuras, que vos pode contar Pepe de Pereira, foron quen, cunha traizón polo medio, que si non, non o daban matado, foron quen de prender, de matar a Tomás das Quingostras, cortáronlle a cabeza, e leváronlle a cabeza á raíña de Portugal, e cando a raíña de Portugal viu a cabeza de Tomás das Quingostras, dixo:
- "Ai! Se soubera que era tan guapo, non o mandaba matar." (Incomprensíbel) a fondo.
Claro! Dixéchelo moi ben. A,a lenda sempre ten, sempre vén de algures, e esto xa parece, en fin, está documentado nos traballos de Xocas, cóntase tamén na túa banda. Tamén se consta/ se conta, evidentemente, en Castro Laboreiro. Cóntase tamén no lugar das Quingostras, en Melgaço, que fumos alí a buscar a casa de Tomás das Quingostras, i era curioso. Alí o que nos dixeron era:
- "O Tomás das Quingostras era um homem moito bonito."
Xa triunfara tamén abaixo. Alí en,en (he, he), nas Quin/ nas Quingostras que, por certo, país marabilloso: a carón das Quingostras hai un lugar que lle chaman Paderne, e alí hai un cemiterio, e no cemiterio ese está enterrado o (...) Océano Atlántico (...) Ah! Acudide! Hai unha sepultura cunha lousa que pon "Océano Atlántico", "Aqui jaz o Océano Atlántico". Aí está, agora completo.
Ben, pero dicía que estas historias que parece que xa, que xa está, que se marchan, que leva o vento. Non, pero teñen raigañas en nós, porque, neste conto, teño unha testemuña de primeira man, porque el non coñeceu a Tomás, pero a avoa da súa avoa si. E coincidiu con el na feira de Castro Laboreiro. Esa persoa está aquí presente, e é Pepe de Pereira. Pepe, veña un aplauso, vamos! Cóntanos, ven, cóntanos, non, (incomprensíbel). Non quero meterte nun compromiso, pero ese detalle, é dicir, como foi que a avoa da túa avoa (incomprensíbel). A ver, como a avoa da túa avoa... Foi,foi así? A avoa da túa avoa?
(Fala Pepe da Pereira)
Foi a avoa da miña avoa, si.
Pois nada, foi vender peras a Castro Laboreiro, porque Pireira viña de peras, (...)
(Fala Xurxo Souto)
A ver, é un conto, a avoa da túa avoa.
(Fala Pepe da Pereira)
Si, a miña bisavoa.
(Fala Xurxo Souto)
Que era unha meniña naquel momento, iba para acompañar á súa nai.
(Fala Pepe da Pereira)
A nai é que era avoa da miña avoa.
Entón, pois desplegou,u as peras no chan, alí, nun mantel, chegou Tomás, e díxolle:
- "Canto,o, canto costan as peras?"
Resposta:
- "Pro señor Tomás, non son contadas."
Entonces, o,o Tomás deixoulle diñeiro suficiente, máis que, máis do que valían, i a miña,a tataravoa se veu pa Pereira asustadísima.
Seguramente saime polo camiño, e os cartos que me deu, os volve coller. Non sucedeu. Non llos,s non llos quitou.
(Fala Xurxo Souto)
O malvado ladrón resultou ser a persoa máis xenerosa con aquela meniña.
Contos que non son contos, que hai escoitar no lugar de Pereira. Gracias, amigo, por contar (incomprensíbel).
Autor/a da transcrición: e~xenio