
Nacín en Muíños o 13 de febreiro de 1974. Estudiei Xeografía e Historia en Santiago de Compostela. Licencieime en 1997. Traballei no concello de Allariz na concellería de cultura e na Fundación Vicente Risco, catalogando fondos ademais da atención o público. Na actualidade adícome ó ensino. Imparto clases no IES Illa de San Simón, Redondela.
Boa tarde a todos e a todas. Eu,u,u, bueno, non esperaba esto, nin,n,n moito menos que houbese tanta xente aquí escoitando esta,a historia.
Esta historia comenza como todas. Seguro que moitos de vós, sobre todolos de aquí de Mugueimes, aínda se acordan que Gracita tiña unha tenda de zapatos, non? (...) Seguramente (...) Que se acordan, que se acordan dela perfectamente. Pois é unha das protagonistas desta,a, desta historia. Como decía meu irmán, como dixo David, o compañeiro de Portugal, de Castro Leboreiro, as fronteiras aquí, en realidade, non existían. De feito, e,e,e esta historia que moitos lembran bastante tergiversada porque,e,e así o quixo a memoria popular e,e,e donde aparecen os bos e os malos, os malos os que atracan, os bos e,e,e os que,e,e os que morren nese atraco o dono, os donos, dous dos donos do,o,o e,e,e comercio dos Parada.
Ben. Esta historia empeza coa guerra civil, vale? Esta historia comenza co levantamento de Franco, e con xente, e,e,e sobre todo da Raia e,e,e Entrimo que se esilia no Ribeiro de Abaixo. Xente que vai para o Ribeiro de Abaixo. Algunhas desas persoas xa vivían no,o,o Ribeiro de Abaixo, e cando chega a guerra civil e,e,e entran o primeiro e,e,e parte da declaración de guerra, o primeiro que fan é chamar a quintas aquelas persoas que ten que incorporarse aos batallóns. Os primeiros esiliados, os primeiros fuxidos no Ribeiro de Abaixo son xente que non quere ir á guerra. Os primeiros, non queren ir á guerra. Esílianse ao Ribeiro. No Ribeiro de Abaixo, e,e,e nos primeiros anos, nos primeiros meses, funciona moi ben a solidariedade popular, e seguro e,e,e que o,o,o compañeiro e,e,e de Castro Leboreiro nolo pode contar. Abastecíanse, fundamentalmente, co que lles daban os veciños. E,e,e incluso había connivencia das autoridades portuguesas para non denunciar, e abastecíase co que lle daban os veciños. Pero, cada vez hai un cerco moito máis grande. Desa,a,a xente que vive no Ribeiro, e que non ten como sosterse, non ten de que comer, e,e,e non ten de que vivir. Xa non lle poden pasar a comida porque está moi vixiados e controlados a pesar de que utilizan esas camiños do e,e,e contrabando, non camiños e,e,e máis habituais, ou os camiños das biceiras. Falábades aquí antes do roubo das biceiras. Pois os camiños das biceiras tamén eran empregados e,e,e para abastecer a estes guerrilleiros que vivían no Ribeiro de Abaixo fundamentalmente.
Pero, no ano 39, chegan ao Ribeiro de Abaixo tres persoeiros e,e,e cando menos peculiares. Un é Pepe Dente de Ouro, que dixo el, e,e,e que trae consigo unha e,e,e gran formación militar, e armas, fusís, pistolas. Armas. Ademais, vén un fuxido e,e,e de Zamora que lle chaman (o Cobe) que tampouco se sabe moi ben quen é, un dos que morre no atraco e,e,e dos, do comercio dos Parada; e outro e,e,e mozo con acento andaluz que tamén non saben e,e,e moi ben, non sabemos moi ben de donde saliu e,e,e que tamén morre nese, nese atraco e que se chama Valentín.
Ben, o atraco a, ao comercio dos Parada de Porto Quintela, e,e,e está moi ben orquestado e planeado. Dende aquí a xente que fala dese atraco, que hoxe lembra ese atraco, porque llo contaron seus pais, porque llo contaron seus avós, e síguennos deci/ e siguen e,e,e decindo que foi un atraco que realizaron e,e,e portugueses, que despois marcharon. Hai multitude de,e,e lendas, e,e,e sempre encamiñadas a que os fuxidos eran tremendamente sanguinarios, que cortaron a cabeza dos dous que morreron para que non fosen identificados, e,e,e bueno, tanto non podemos decir, vale?
O atraco prodúcese o día 11 de novembro de 1941. Eles son guiados e,e,e por un contrabandista de Santa Cristina, Nogueira, cara unha e,e,e carballeira que está entre o transformador de Porto Quintela e a capela de San Isidro. Alí agardan, chegan de madrugada, e agardan a que se faga de noite. E, ás sete e media pecha o comercio dos Parada que está, naquel momento, atendido polos dous irmáns rexentes do comercio, que son Hermindo, o,o,o e,e,e marido de,e,e de Gracita, da que seguro que lembrades moitos de vós, e Lisardo. Máis un dependiente que tamén se chama e,e,e Lisardo. Chega (...) que aínda vive. Ben, máis o dependiente que tamén se chama e,e,e Lisardo.
Chegan cando está pechando o comercio, estos atracadores. En total, crese que hai entre seis e oito atracadores, aunque non sabemos exactamente o número e,e,e deles. Chegan os atracadores, e pídenlle, en castelán, que por favor os atenda e lles den e,e,e pois e,e,e calzado. Ao que lle responde que estaba a punto de pechar o comercio, que non,n,n os van atender, pero falan castelán, lembramos, un con acento andaluz, e o outro é o (Jove) que vén de Zamora (...) Como falan castelán, pois acaban acedendo e,e,e a,a,a venderlle ese calzado, e mentras, pechan a porta. E un terceiro, cando xa están atendendo, toca na porta, Pepe Dente de Ouro. Pepe Dente de Ouro toca na porta, déixanlle entrar, e comenza, cando van a pagar con un billete de 500 pesetas, Hermindo dáse conta de que aquelo pode ser un atraco. E xunto con seu irmán Lisardo, tiñan acordado que no caso de que houbese un atraco e,e,e actuar de distinto xeito. Lisardo márchase da tenda para a porta d'atrás buscar unha escopeta, e Gracita lévalle a pistola a Hermindo. Cando vai para e,e,e pagar, el xa ten unha pistola na man. Cando lle piden a (...) o diñeiro e,e, o (Joven) que,e,e non sabemos moi ben quen é esa persoa, el saca a pistola e dispáralle primeiro. (Incomprensíbel) dous disparos e Hermindo e,e,e queda moi ferido, vai morrer despois no hospital (...) Queda ferido. Nese momento, Lisardo sale coa súa escopeta, prodúcese un tiroteo, e fire a dous dos e,e,e asaltantes que están no comercio, polo cal acaban fuxindo. Pero na fuxida, e,e,e Milagros vai a pedir auxilio pola porta lateral do comercio, e a ela mátanna tamén.
Vai a cargar con esa morte un tal José Fernández González, o Rizo, natural de Ferreiros e,e,e que traballa de zapateiro en Ribeiro d'Abaixo. E que o van e,e, (...) que se vai acabar entregando, el, un ano despois. Detéñenlle ao pai, e,e,e van coaccionalo hasta que se acaba entregando.
Os dous atracadores, que iban malferidos, morren polo camiño, e entérranse chegando casi á fronteira. E,e,e entérranse ao lado do río e,e,e evidentemente, non lle cortan a cabeza, vale? eso é algo que se dice, pois, para resaltar o sanguinario que eran e,e,e os atracadores, que aínda por encima eran portugueses, cando nin moito menos, eran todos españoles e,e,e todos galegos excepto estas dúas e,e,e persoas e,e,e que morren no tiroteo. Tiñan armas, tiñan formación militar, tiñan preparado e,e,e o atraco. Morren os dous atracadores, entérranos ao lado do Castro Leboreiro, e non consiguen e,e,e atopar os culpables. Non consiguen atopar os culpables, pero todos saben e,e,e que,e,e se (...) poden, poden estar refuxiados no Ribeiro d'Abaixo, e aí a anécdota que nos contaba o compañeiro de Castro Leboreiro, cando e,e,e o garda e,e,e amenaza con denuncialo porque todos sabían, máis ou menos, donde estaba, e mata o gardiña, e nese momento, non lle queda outra máis e,e,e que e,e,e fuxir. Aínda así, vaise a labrar e,e,e unha historia de medo, no Ribeiro d'Abaixo, que lle vai a permitir facer outros dous atracos, que é o atraco no Río Caldo e o atraco en Vilameá en Lobios. No último, en Vilameá en Lobios, morre, porque lle disparan e acaba morrendo en Ferreiros de Entrimo. Atopan o seu cadáver unhos días e,e,e despois, non dá chegado á fronteira, e morre.
Que pasa cos outros? Que o único e,e,e que vai a ser axusticiado é O Rizo. O Rizo é detido porque se entrega el, porque e,e,e están acosando a seu pai. Entrégase, é detido e lévanno a un xuízo. Evidentemente, a estratexia do Rizo vai a ser: "Eu si, eu estaba no atraco á tenda do, dos Parada, pero non matei, eu non levaba armas. Eu non tiña armas". Esa vai a ser a súa defensa, vamos, nós sabemos que o máis fácil é botarlle a culpa aos mortos, non? E,e,e quenes dispararon? Pois os dous que morreron, os dous que apareceron aí enterrados.
Esa foi a súa estratexia. Unha estratexia que non lle serviu de moito porque e,e,e o 20 de decembro de 1942 é declarado (...) sáelle a sentencia, a sentencia é sentencia de morte, ás 6 da mañán comunícanllo, e ás 7.30 fusílano, vale? Entonces, evidentemente, non lle serviu e,e,e de moito.
Aquí temos e,e,e un, e,e,e unha lenda que é e,e,e que a propia Milagros, unha das víctimas que matan, que estaba embarazada (...) Bueno, eso non o saberemos nunca, (ten) un xeito máis de mirade que desgraciados, que malos que eran estos fuxidos que,e,e e,e,e van incluso matar a unha muller embarazada, etc, etc, etc.
Eu non estou xustificando o atraco, vale?, nin moito menos. Nin estou xustificando que se matase a ninguén. Simplemente, estou decindo que non se viron, non viron outra solución máis que e,e,e atracar as grandes e,e,e comercios que había na zona, e nesta zona, como ben decía meu irmán, Porto Quintela era unha vila moi grande, e,e,e os dous comercios máis grandes da Baixa Limia eran, precisamente, ese, os do Parada en Porto Quintela, tiñan outros dous comercios, un en Parada de Ventosa, e outro (incomprensíbel) Pero, e,e,e ese era o máis grande. E o comercio do Racha Baya en Río Caldo que atracan dúas veces, vale? Un (...) e que teñen dous comercios tamén, un no Río Caldo, e outro en Fondevila, en Lobios, e no atraco de Fondevila é cando morre e,e,e Manolo Dente de Ouro, Pepe Dente Ouro.
Pero aínda hai dúas persoas máis que van a intentar escapar e acaban, tamén, morrendo nese, nese intento de fuxir. Un deles vai a ser o que,e,e lle chaman no Ribeiro d'Abaixo, Enrique o Médico, que nin se chama Enrique, nin é médico, pero,o,o que debía exercer como médico. El e,e,e procede da zona de Monforte, e consigue chegar hasta Casetas de Arxemil, donde pide axuda a un amigo de seu pai e,e,e que é comercial de Celanova (...) Este e,e,e dálle 3000 pesetas para que se escape e,e,e a través de Ponte Barxas para e,e,e América. Pero e,e,e descúbreno cando vai a partir para América, mátano en Casetas de Arxemil.
Que pasou cos outros e,e,e que participaron nese atraco? Pois non o sabemos moi ben. Hai implicados dende o contrabandista e,e,e de,e,e Lobeira que os conduce desde Castro Leboreiro hasta Porto Quintela (...) Un tal Pepe do Cuarto, que é de Entrimo, que tamén participa na (...) como informante e que si aparece, tamén e,e,e ou polo menos os demais compañeiros e,e,e dicen que participa e,e,e tamén no atraco, pero que cando o deteñen el dice que non levaba armas, que,e,e si é certo que coñece a esa xente pero que nin estuvo aquí. Seis, oito, pois,s,s non sabemos cantos (...) cantos eran os atracadores.
E este é un caso máis de que,e,e cando vamos escoitando lendas, contos, faladurías da xente, algo histórico sempre hai detrás. E,e,e quédanos moito por investigar, porque do mesmo xeito que o Ribeiro d'Abaixo foi un centro que acolleu moitísima xente fuxida e,e,e (...) fundamentalmente da zona de Entrimo, si é certo que por aquí, en Turei, en Montealegre, en Pitós, tuvo que haber tamén moitos fuxidos e,e,e posto que como dice a lenda oral e,e,e e a historia oral, cando viñan os falanxistas de Bande por a Baixa Limia, ningún home dormía na casa. Entonces, debeu haber moita máis solidariedade e,e,e na Raia da que realmente hoxe e,e,e coñecemos.
E,e,e animándovos a que todos sigades, pois, contándonos historias e investigando nese tema, pois non teño moito máis que decir.