Dálle Manuel que corta!
Quen queira sabe-las cousas
vaia á forza do ferreiro
dea á volta polo forno
veña polo fiadeiro,
dea á volta polo forno
veña polo fiadeiro
Dálle máis lume Antonio!
De Vigo para Moaña
remando nunha lanchiña
vin pasa-lo berberecho
detrás da berberechiña.
vin pasa-lo berberecho
detrás da berberechiña.
I o ferreiro vai fóra
i o ferreiro vaI fóra
i a muller tamén, mira pepe,
i a muller tamén.
Estaba detrás da porta,
estaba detrás da porta,
i eu ben sei con quen, mira Pepe,
i eu ben sei con quen.
Estroupele estroupelear
que vén o tempo
do ferro mazar
Vamos coa reviravolta!
Vou a da-la despedida
i eu para ti xa non era
que anque (os máis) altos navíos
navegan con menos vela.
Que anque os máis altos navíos
navegan con menos vela.
Torce, carallo!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro