El era, era feo, pequeno, tiña un algo de joroba, e tal, pero tiña unha certa labia que, e,e,e (...) El,el, e,e estafou a dez ou doce curas, entre outras cousas, (...) ou sea que. Non andaba con xente analfabeta, con,con podemos dicir o pueblo. (...)
A última que fixo. Dende o penal de Santa María, no forno de Porqueirós, que entonces xuntábase a xente no forno, e,e empezou a falar:
- "Bueno. Veu un indulto, e tal, i eu fixen alí uns estudios no penal de Santa María. Pois estuven con Lute, estuven con este. (Incomprensíbel) O Lute estudiaba Dereito, e eu tamén non sei que, (...) e,e entonces fixéronme unha proposta.", dice, "Ou,ou,m,m guardia forestal ou non sei que, capataz de camineros, (...) ou non sei que outro que (...)"
E entonces dixo:
- "A vós, a vós que vos parece e tal?"
Entonces empezou c'aquilo, e o Elías, que era guardia forestal daquela, pois dixo:
- "Ah, pois mira, o guardia forestal é o millor porque é o que menos traballa e tal."
Total, que lle ventilou un libro que tiña co,co,cos,cos estatutos, ou, de guardia forestal (...) (He, he). E,e regaloulle o libro, e nin tal cousa, claro.
Ou sea, que el tiña unha habilidá, que se metía na xente.
Autor/a da transcrición: e~xenio