Nunha festa, co Bertolino, que puña un montón de platos, entón el presumía de que nadie lle podía comer e,e toda a comida que puña el, porque el (...) solo comía a mediodía, á noite ó mellor tomaba un caldiño, eso, pero a mediodía, un día de diario, sete ou oito platos, en fin, ou sea. A muller, que era cociñeira, e el, el comía solo. Sempre buscaban un veciño, invitábao, porque el solo non quería comer, pero a muller tiña que comer na cociña. Era tradicionalista, non? E entonces, pois, e, un día foron unhos amigos meus (ha, ha) a comer, invitounos a comer. Entón, chegaron alí, e entón puxéronlles o primeiro plato, e miraron o un po outro:
- Oes, ta bo. E si repetimos? Igual ó mellor non hai máis nada.
- Repetimos.
Plas. Vén o segundo, ídem de lienzo. Vén o terceiro, e repetimos. Bueno, total, que lle repetiron en tódolos platos que puxo, non?
Colleu tal cabreo que non os volveu invitar na vida.
Autor/a da transcrición: e~xenio