Xa que estamos falando da Raia, e, agora estuvemos, e,e, tocando aí, e,e moit/ puntos diversos e tal, pero non falamos aínda para nada das personas, casi, ou sea, do, dos persoeiros da nosa zona, e que, bueno, é unha das partes máis interesantes, e,e desde o punto de vista, digamos, do, de tomar unhos viños no bar, e os comentarios, etcétera, etcétera.
E, e eu traigo aquí unha, un apuntamento, de,e, do outro día, en que comezou a camiñata aí pola zona da Vía Nova. (...) Xurxo anda sempre detrás de min, de que hai que facer un libro de relatos, e que tal, e entonces estuven facendo aquí unha lista de,e,e, bueno, de,de persoeiros da zona, e, Zapatilla da Feira Vella, e,e,e as historias do Toliño de Pazó, e o Nogueira Pinto, e,e,e o Demo da Terra Chán, e,e,e eu que sei... do Benito de San Miguel, o Benito Relo... Ou sea, hai un montón de persoeiros da historia reciente da comarca, que a maioría deles (...), que algúns deles morreron fai moi pouco tempo. E,e,e, xa digo, que realmente quen nos pode contar sobre estes individuos todos (incomprensíbel) é Celso, que a maioría das cousas aprendinas del, e máis Pepa (incomprensíbel), que son dúas persoas jubiladas que temos a suerte de que estean aquí hoxe, e entonces voulles pasar a eles (...) a continuación, pero antes, e,e,e para non meterme eu precisamente no,o, no meollo da cuestión, vou contar solo dúas ou tres cousas daquí da Raia. Non falamos para nada do Couto Misto, o Couto Misto sabedes que está aquí a unhos 13, 14 quilómetros (...) Hai unha anédota moi curiosa: o último xuíz do Couto Misto e,e,e era natural de Celanova. Entón, o Couto Misto penso que se estinguiu para o ano 1866 ou 68, e este home, que foi o último xuíz do Couto Misto, foise a vivir pá Coruña. Dáse o caso de que nesa época, ou sea, uns vinte despois, vivía na Coruña e,e,e Picasso, tiña daquela oito ou dez anos, e fixo o retrato dunha muller, e, ou sea, o primeiro retrato feito dunha muller por Picasso, resultou ser a filla do último xuíz do Couto Misto, non? É unha historia bonita que (...).
Outra anécdota, outra anécdota curiosa que me pasou aínda fai pouco tempo, falando da Raia, antes Américo estaba falando de,do,de, dixo, bueno, estamos aí na Azureira, por un lado os portugueses e por outro os galegos, e eu diría: Por un lado, os galegos de Portugal e por outro os galegos da Galicia (...), porque sempre que vamos, sempre que vamos a Castro Leboreiro, e sobre todo si va cunha persoa de fóra, pois chegas alí e a xente empeza a escuitar alí no Ribeiro de Baixo ou en (incomprensíbel), pero estes, que falan? Falan un, falan un galego, o galego que había pois fai cen anos ou fai cento, cento cincuenta anos, que o outro día pasoume unha, unha curiosidade, que estabamos nós comentando aí, que eu iba cun grupo de xente, que estaba aí no Balneario do (incomprensíbel), e iba unha muller falando como na variante que teñen en Entrimo do idioma, non?, i a muller dixo que era dunha aldea que se chamaba Lavandeira, de (incomprensíbel), e dixen, pero se está polo medio Castro Leboreiro, como esta muller fala igual que os, que os das aldeas de Guxinde ou de Pereiro, ou de Ferreiros ou por aí. Foi un, un detalle que, que me chamou a atención. E,e,e fai, non sei, sete ou oito anos, houbo un congreso en Chaves, e,e,e sobre o contrabando, i había moitos contrabandistas. Organizouna a Universidade de Ourense, e penso que tamén participaba a Universidade de Trás-os-Montes. Entonces, e,e pedíronlle a palabra a tres contrabandistas, e un diles levantouse, era un señor maior, e dixo: nós, o problema que temos é desde que se abriu a,a,a fronteira, porque nós antes víamonos tódolos días, i agora... vémonos o día da feira de Verín, o día da feira de Chaves, pero antes víamonos tódolos días.
E,e,e... Eu que sei, (...) Non quero poñerme a falar de xente (...) daquí da zona. E,e de Nogueira Pinto, por ejemplo, vainos falar agora Celso, aínda que non queira vir pa aquí, pode falar desde aí, (...) Eu voulle recordando o que ten que dicir, porque el ten o disco duro (...). Nogueira Pinto era un home, e,e, era un boticario, e,e,e, boticario feito,o,o artesanalmente, non? Supoño que aprendería co seu abuelo e co seu pai, e recorría tódalas feiras da contorna. E era un home que era unha institución aquí na comarca, e fóra da comarca. Entonces, entre as moitas anécdotas que hai del, e,e,e temos que, bueno, que no día da festa na, na súa casa, il vivía en Porqueirós, había trinta e cinco platos, a mediodía, e á noite non se puidera repetir ningún dos trinta e cinco platos, e,e,e despois, e,e,e il ejercía de, bueno, de todo, de consejero amoroso, de,e,e en fin.
Autor/a da transcrición: e~xenio