O grupo de música tradicional ORDEIKÍ composición libre e dialectal de "OS DE AQUÍ" (que na nosa zona se di e pronuncia "OR D'EIQUÍ") nace en febreiro de 2011 como un proxecto de agrupación de música tradicional. Formado por veciños do concello de moi diversas ocupacións e profesións, pero todos aficionados á música e
á troula, para ocuparen o vagar do noso rural, que co abandono das aldeas e a desaparición das relacións sociais tradicionais está cada vez máis falto de estímulos vitais. Desde ese ano 2011, o grupo vén tomando clases apenas unha hora á semana con un profesor de gaita e percusión (neste momento Xurxo "Pelos" de Xinzo). O nivel acadado actualmente enos suficiente para as nosas pretensións de divertimento,
socialización e colaboración coas nosas comunidades en actos festivos comarcais e de proximidade, sempre sen ánimo de lucro.
O grupo actual fórmano:
*Aurora Pérez Quintas. 62 anos. Comercial publicidade. PANDEIRETA.
*Isabel Feijóo Dasilva. 50 anos. Empregada no sector da alimentación. GAITA.
*Manolo Martínez. 55 anos. Cooperativista autónomo en Coren. BOMBO.
*Martina Álvarez de Prado. 51 anos. Funcionaria traballo social. PANDEIRETA.
*Mirita Dávila González. 53 anos. Autónoma no sector da alimentación. PANDEIRETA.
*Paco Taboada. 58 anos. Médico. ACORDEÓN e TAMBORIL.
*Paula Abades Rodríguez. 42 anos. Traballadora social. GAITA.
*Peque Sotillo Jové. 30 anos. Encargada no sector da automoción. CHARRASCO.
*Plácido Perdiz González. 59 anos. Empresario no sector da alimentación. TAMBORIL
*Roberto Rodríguez Blanco. 62 anos. Técnico laboratorio Coren. BOMBO.
*Rubém Perdiz Álvarez. 41 anos. Axente Forestal. TAMBORIL.
*Santi Reverter Gil. 51 anos. Publicista. TAMBORIL.
*Sara Aparicio Fernández. 12 anos. Estudante. PANDEIRETA.
*Susana Diz González. 47 anos. Artesá e deseñadora gráfica. GAITA.
*Xavier Perdiz Álvarez. 59 anos. Actor. GAITA.