Resulta que os animais non tiñan nome. Algún día tiña/tivo que ser que os animais non tivesen nome. E dixeron Deus e o demo, pero eso amañámolo mañá, madrugamos, pedímoslles a tódolos animais que se poñan en fila en ringleira, e vámolos bautizando según pasen. Mui ben, pois foron pasando, vaca, a este vaca, a este león, a este cabrito, a este...eu que sei...burro, cabalo, asno...bueno, todos eses, non?
E levoulles todo o día bautizar a tódolos animais e xa anoitecía e dixeron: bueno, por fin, traballo feito. E dice o demo, dice: mira ese bichiño que vén por aí arrastrándose, non se vía ben, claro, e vai Deus e mira e dixo: si oh! Pero tamén, eu agora estou mui canso, é mellor vir mañá cedo, polo día, vémolo ben e xa lle poñemos nome. E dixo o demo: home non mañá non vamos volver por un animal.
Bueno, dixo Deus: pois como vai arrastrándose cara a unha col ímoslle poñer....Caracol. Mira que listos eran estes dous! Pero daquela, e hoxe pode que tamén, os animais pensaban e o caracol pensou: pois menos mal que non ía andando cara a un allo!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro