Eu, do alto, vexo ben
vexo a casa de meu soghro
heime de casar co fillo
si Dios quere, e non morro
O sol da porta non quenta
para min, nunca (cantou)
o fillo do meu veciño
para min, nunca mirou
O soliño ponse, ponse
e eu ben lle sei o xeito
cando raia, estou na cama
cando se pon, xa me deito
Teño sono, teño sono
teño ghana de dormir
teño un olliño cerrado
o outro, non'o podo abrir
Deiteime, adormecín
durmín un sono lixeiro
deiteme no mes de maio
recordei no de xaneiro
Autor/a da transcrición: e~xenio