Unha fulana quíxose casare, e,e,e dixéronlle:
-Mira muller, non te cases pr'alí porque alí haiche unha maneira de falar que,e,e eu non sei se,e,e (...) porque,e,e mira, ao cura, chámanlle o señor (alcrendes,s,s). E,e,e á,á,á á cabeza, chámanlle,e,e a machorra. E,e,e despoise, á soghra, chámanlle a corna.
Dolores Macías Pose: E,e,e despois dixo (...)
-Pois, pois, pois eu cásome xa, vou pr'alí.
E fui pr'alí. Despois fui o acompañamento levala, e,e,e (...) Pois (...)
-Bueno, con permiso do señor alcaldes, vouse,e,e saludar a miña cornichiña.
D. M. P.: E (dixo)
-Miña corna, seique lle doe a machorra, píncalle o crico!
((Risas))
-Pois mire, vai/ (...)
D. M. P.: Á cama, chamábanlle o inferno.
-Váiase pra o (...) vai pa, pra o inferno e tápese cos demos.
D. M. P.: As mantas.
((Risas))
-E eu, mentes tanto (...)
D. M. P.: Á sartén, chamábanlle a falsa ferra, condenada.
-Vou alí, ás miñas encaralladas, e buscar dous peidos!
D. M. P.: Os ovos, chamábanlle peido.
((Risas))
Autor/a da transcrición: e~xenio