Eu creo que é moito máis importante a, a historia do propio pueblo de Ferreira, que non a miña. Eu son simplemente un ferreiro máis, que bueno tuven o meu proceso no mazo aí, terminou aí, pero pra min o máis importante, o máis importante é a historia que ten o pueblo de Ferreira.
Antes, hai muchísimos anos, dícese que na denominación árabe pois aquí xa existiu unha fundición e, de hecho, de hecho, están os restos aí. Ahora non están porque un señor de Santa Marta do Meilán, chamado Sachas, que o conocemos a maior parte dos que tamos aquí pois dedicouse a quitar aquela parte que non se puido fundir, que era a parte máis dura.
Como non tiñan poder calorífico suficiente, que o poder calorífico era sobre todo a través de leña e non había o suficiente pois entonces fundiron o metal máis blando. Entonces quedou o metal máis duro, ao quedar o metal máis duro pois eso foise apilando. Suponse que este mazo, aquí que traballou polo menos siglo e medio e quedou de restos, pois practicamente unha insignificanza có resto que quedou da denominación árabe aquí en Ferreira Vella. Eso estaba ubicado abaixo do Muín de Campón que todos conocemos.
Pois este home de Santa Marta chamado Sachas pos botou aí, pois polo menos vinte anos quitando material, restos desos de fundición que quedaron pra envialos a (Ensidesa). Eso é o principio, ou polo menos que eu conozco, da historia de Ferreira Vella, que eso é, o que pra min, como a historia de todos os nosos ferreiros, é por donde empezamos. Eso foi o que lle valeu a Ferreira Vella saír de ter o nombre de Ferreira Vella que por eso se chama Ferreira Vella porque foi o inicio do ferro en Ferreira Vella.
E logo, de aí foi evolucionando o propio oficio, foi evolucionando, foi evolucionando, logo despois foi cando se empezaron a construír estes mazos, i estes mazos construíronse porque resulta de que o oficio de ferreiro tiña unha evolución moi fuerte a través do País Vasco. Todos os mazos que se construíron en estas zonas, viñeron todos procedentes, xente procedentes do País Vasco. Por que? Pois por unha razón moi sencilla. Porque resulta de que ós vascos chegou o carbón ao puerto de Bilbao, e unha vez que chegou ao puerto de Bilbao, tiñan un poder calorífico máis grande e necesitábase producir muchísimo máis. Ao necesitarse producir muchísimo máis pois os vascos fóronse expandindo a través de Asturias, a través de Santander, e, de hecho, en Santander i en Asturias existen mazos tamén coma aquí, i eso levou que viñeran vindo a través, ca idea de irse a Portugal, pero aquí se foron establecendo e foronse quedando aquí.
Unha vez que se tuvo o poder calorífico, pois logo veu outro italiano que se chamaba Venturi que foi o que intentou producir a auga pra producir aire. Utilizou a auga porque sinón as fundiciós estaban no aire, ou sea, na montaña me refiero, pola, pola diversidá do aire, por ter aire, como non había aire pois unha vez o señor este Venturi conseguiu, conseguiu producir aire por auga, foi cando se situaron todos os elementos na beira do río, entonces a auga xa formaba parte dun poder hidráulico enorme, e por eso foi cando se construíu todo eso non?, parte deso, loxicamente en Ferreira Vella.
Outra cousa que eu / a min me gustaría resaltar muchísimo, que pra min é mui importante. Eu chámolle siempre a esto, chámolles artilugios porque, de hecho, son unhos artilugios, muitas veces en estes momentos se pensaría, se pensaría que, bueno pois, a xente d'antes que non pensaba porque, claro, ahora temos muchísimas facilidades pra moitas cousas. Pero esta xente chegou aquí e dixo que iban a facer eso. Porque? Porque tiñan unha necesidá. Eu digo que estos artilugios, desde aquí, Arrececende ou Arriagal, mellor dito, como conocemos a maior parte deles, hai ao largo de cinco quilómetros e pouco de río, hai catro mazos recuperables, corenta e oito moas e dez muíños. Eu, que eu sepa, non hai en ningunha parte de España, non hai o conxunto etnográfico que temos aquí en esta zona.
É unha pena que esté na situación en que está y é unha pena que non este máis recuperado. Porque? Porque a través, como dicía hai un momento, eso serviría pra que logo máis adiante nos conoceran muchísimo máis, e nos conoceran pois pra que sepan que efectivamente que aquí que existiu un oficio e que existe un oficio que ten futuro, e que tuvo e sígueo tendo.
Unha persona que conmigo entra muitas veces en contacto, inda precisamente falei con ela esta semana é un señor que se chama José González Vián e díceme que cando vai por aí adiante que lle dá muchísima pena, que ve as posibilidades que ten o oficio e digo cando vai por aí adiante porque a semana pasada tuvo en Munich e cando ve algo, como el tamén traballou de ferreiro, pois resulta de que sabe e reconoce e conoce o qui é, e dice que efectivamente que ten futuro.
Eu podo transmitir aquí a miña experiencia, pois si: eu tuven nunha feira en Costa Rica, eu tuven en Francia, eu tuven en varios sitios máis por aí, loxicamente por eso digo e afirmo que ten futuro. Que sucede? Bueno pois que o que non se pode facer é termos un círculo mui pequeno, porque canto máis pequeno é o círculo, dicíame nunha ocasión un profesor a min, dice mira: non fagas como aquel vendedor que solamente vendía donde sentía toca-la campana do seu pueblo e eso quedoume como anécdota.
Entonces, pra min, é mui importante a historia, a historia de Ferreira Vella máis que a miña como ferreiro, máis que a miña como ferreiro, porque eu son un ferreiro máis dos muitos que todavía por suerte existen, e por desgracia, cada vez menos.
Pero a miña pregunta é porque existen cada vez menos? Bueno pois eu conto unha anécdota: hai unhos días, unha persona que está aquí presente invitoume pra irlles explicar alí aos nenos na Ponte Nova como é o oficio de Ferreiro, e fun. A min sorprendeume enormemente, enormemente, como aqueles nenos estaban interesados en este tema. E sobre todo, non solamente os nenos, sinón as nenas tamén.
A miña pregunta é como desde a enseñanza non se pode facer máis que se está facendo, non se pode transmitirlles a eses nenos máis novos algo que nosoutros tuvemos vivindo durante moitos anos, que muitos o desconocen. E xa non digo fóra d'aquí, pero aquí mismo hai muita xente, me refiero aos máis novos que non o conocen eh! I eu vinme sorprendido do interés que tiñan os nenos i as preguntas que me facían. Pois eso vese que efectivamente, que é un tema que ten o seu interés e que ten o seu tal. Eu pido, pido que eso, que se poida levar a cabo, e que se leve a cabo pra que esto sea cada día máis conocido. Será unha forma de salir adiante. E será, penso, que apoiado no futuro que ten o oficio de ferreiro, penso que sería fundamental pra que esto proseguira porque sinón penso que se morre. E non teño nada máis que dicirvos.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro