Lectura dun poema de Con prisma azul de X. Luis Parente.
Ferreiro, noso ferreiro
que machacas os cravos
infalíbeis dos teus números
sobre o tesón desa bigornia sabia.
Mentras nós soñabamos (ó ar)
ti encerrácheste na fragua
e soio humilde e pacente
machaca que te machaca,
quentandos ao teu carón,
quentados no volcán da túa ialma
ías forxando con números
cravos, escudos, espadas.