O meu poema leva por título "Manuela"
Manuela, Manuela Rey,
din que marchache
cun grupo de titiriteiros
que recalou en Mondoñedo
A miña fantasía e mais eu
gostamos pensar
que te fuche da nosa cidade
nunha noite de luar
a lombos dun unicornio
preñado de esperanzas
Dúas belezas,
a de Xila e a túa,
non tiñan cabida
nas terras de Miranda
Así foi como chegache
á fermosa Lisboa
Tomándolle o pulso á cidade
e, traballando arreo,
chegache a ser
a máis grande actriz
entre as grandes
As musas do Parnaso
estaban do teu lado
Ata Pedro V, O Esperançado,
perdeu a túa esperança por ti
Mentras ti cautivabas
ao mundo co teu arte,
a princesa Xila,
filla do noso Rei Cintolo,
segue pechada,
polos séculos dos séculos
na súa cova
Manuela Rey que xuntou as augas do Masma e as do Texo
e así, por medio desta eterna beleza de muller,
Lisboa e Mondoñedo quedaron para sempre unidas
nun bico doce e eterno
Autor/a da transcrición: e~xenio