Como dixo Antonio, eu dedícome a botar unhas parrafadas en, en verso e,e, e normalmente, adoito facelo utilizando os, os poetas que son do lugar ¿Non?. En este caso, quería empezar por un,n,n poema do século XIII, de dous irmáns de Tabeirós que eran Pero Velho e mais Paio Soarez. E,e,e xa digo, eran dous irmaus, e un deles deulle por meter/ meterse nun pomar, que non era da súa propiedade, para coñecer dúas rapazas fermosísimas; enamórase das dúas pero leva unha malleira porque o bota o,o,o o porteiro da, da finca, vamos a dicilo así ¿Non?
Pero, á parte deso, o home enamórase tanto das dúas e non sabe, sabe definir, departir, di el, cal, cal das dúas lle gusta. E,e,e o irmau, Paio, parece que quere axudarlle a definir e,e,e dille que si pola, pola visión lle gustaban as dúas, que debería de fixarse máis nas falas e nas risas.
Vou co poema que se titula Vi eu donas encelado, que vén a ser eso de Viu/ Vin eu/ donas ás escondidas. O poema di así, a ver si o colledes porque é en galego antiguo.
— Vi eu donas encelado
que ja sempre servirei
porque ando namorado,
pero non vo-las direi,
con pavor que delas ei,
as[s]i mh-an lá castigado.
— Vós, que es[s]as donas vistes,
falaron-vos ren d’amor?
Dizede, se as cousistes,
qual delas é [a] melhor?
Non fostes conhecedor,
quando as non departistes.
— Ambas eran-nas melhores
que omen pode cousir,
brancas eran come flores;
mais, por vos eu non mentir,
non-nas pudi departir:
tanto son bõas sen[h]ores!
— Ali perdeste-lo siso
quando as fostes veer,
ca no falar e no riso
poderades conhec[er]
qual á melhor parecer,
mais fali[u]-vos i o viso.