Bueno, outra tradición do entroido que así (sempre hai, desconocida) era a tradición dos burros. No entroido, sobre todo, eran cousas de desamor ¿Non? E,e,e mandábase (...) decía (...) Eran (...) así ¿Non?: Por este lado, por este lado tiña un burro, bueno, un burro ou unha flor. Había un que decía: "Este dibuxo é unha flor, ábreos, ábreo e verás o meu corazón". Entonces, abrías e vías un corazón. Entonces, decías: "Este corazón está partido, ábreo e verás o contido". Entonces abrías, entonces ao abrir, decíache as coplas. Di: Pasei (...) pois se eran cousas de desamor, sobre todo (...) (pois tes as pernas delgadas) ou non vales pa nada. Cousas que,e,e,e (...) anónimos todos (eran).
Entonces nós, seguindo esa tradición, alá nos anos noventa, non fai nada, e,e,e era no noventa, si. Entonces, fixemos un burro, fixemos este burro, e mandámosllo, mandámosllo (...) ghastamos daquela 10000 pesetas en cartas, e mandámosllo todo (autorizado) de todo o país. E entonces, decía, este decía: "Este burro é un animal, ábreo e verás o primo carnal". Este era un burro, burro e despois abríalo e entonces era un burro, xa (...) xa con medio corpo de persona ¿Non? Entonces: "Este burro fuma a diario, ábreo e verás un incendiario". Entonces despois, faciámoslle un incendiario, un home cos pés de burro pero cunha,a,a cunha,a,a antorcha. Entonces aí, hai unhas coplas sobre os incendios ou sobre un caso do ano noventa. Entonces esta,a,a (...) bueno (incomprensíbel) criticando o tema dos concellos, a Xunta, que non se fai nada, e tal ¿Leo? Entonces a, o curioso do tema é que este, ese ano foi cando Fraga gastou un montón de cartos en medios antiincendios (...) non sei se (ll'é) casualidá ou non, e di (incomprensíbel):
Este burro que vos mandamos
é por seguir as tradicións
pero tamén pa facervos
unhas cantas reflexións
Miñas donas, meus señores
van vostedes a pasmar
coa historia dos incendios
que aquí lle imos a contar
Polos incendios forestais
pouco fan os nosos concellos
ou non lle importan os montes
ou é por falta de medios
Señor gobernado civil
non estaría nada de máis
que mollara un pouco o cu
contra os incendios forestais
Cando chega o mes de outono
e empeza a chover e a tronar
e o delegado do goberno
pon o exército a patrullar
Aínda o siguen facendo agora (...) en outono é cando vai o ejército ao, ao (...)
A Xunta de Galicia
máis o goberno central
andan nunha gran disputa
a ver quen o fai máis mal
(...) Despois esto (...) esto era outra cousa (...) porque nós daquela (...) bueno collérase un, un incendiario e,e,e denunciárase e tal, e empezaran a dar voltas e ao final non pasou nada.
Quen queimou os nosos montes
(non naceu en Carcacía)
(incomprensíbel) nin vive alí en (incomprensíbel)
(nin sabía o que facía)
Ese home de Carcacía
que vive alí en Cora
collérono prendendo lume
pero el, seique non fora
Unha xúiz, outra xuíz
un fiscal mui dilixente
e o incendario na casa
ríndose de toda a xente
Todo o mundo ten disculpa
culpable, ninguén quere ser
pero os nosos montes todos
siguen e siguen a arder
Este era o tema.
Mandáranme a carta que acompañaba o burro decía:
"Un burro coma este estao recibindo moita xente principal coma vostede. Mándase (como di unha copla) pa facer revivir o entrodido tradicional e os seus costumes, pero tamén para que perda cinco minutos pensando no problema que lle plantexamos e logo, desde o seu posto, faga, fa/ o que poida contra dos incendios forestais.
Entroido do noventa (Incomprensíbel)
"Queda vostede invitado ao (título) entroido do Ulla que faremos durante o día 25 de febreiro de 1990 en Couso (incomprensíbel)".
Autor/a da transcrición: e~xenio