Téñolle dedicado,o,o moito tempo ao asunto do, do entroido do Ulla, ao mellor máis do que me conviña (pa) a miña vida privada, pero,o,o hoxe, hoxe dediqueille pouco tempo a preparar esto que vos vou a decir porque estuven ca vendimia, e entonces pois non tuven moito tempo (pa o asunto), pero bueno. Eu (incomprensíbel) contar primeiro, vouvos empezar decindo que o entroido do Ulla, bueno ahora máis conocido polo tema da televisión e tal, pero hai dous aspectos que normalmente non salen, nin na televisión, nin nos periódicos, en fin. O, o primeiro e,e,e (...) Bueno, unha das factores que fan que, que non se coñezan (...) e empézanse a traer pa (incomprensíbel), e tal, eu son dos que penso que o entroido e todas as actividades culturales teñen que [es]tar no seu sitio. Cando se sacan do sitio, pois perden a,a,a a autenticidá ¿Non?
Entonces, unha das cousas fundamentales que é a (...) o que lle fai que aos veciños das parroquias lle guste o entroido, é que a comitiva todo do entroido do Ulla, cos correos, xenerales, cos coros, co, co, ca música, cos disfraces, cas carrozas, eso recorre a, a parroquia casa por casa. Entonces, nesa casa, bótaselle unha bomba, cántaselle unhas cancións, un, un coro de vellos, un coro de mozos, e, e bótaselle os vivas. E pasa as carrozas, donde (dan chegado á casa), van á casa e baixa a comitiva (incomprensíbel) tomando un viño por aí. Algún dos músicos que hai por aquí sábeno ben, e entonces vaise tomando un viño en cada casa, vaise (entonando) a cousa e acaba nunha festa,a,a potente, eu creo que eso é o, o, o millor da festa. O do correo, generales decindo eso (...) bueno, os atranques e tal, é o máis vistoso, os generales (...) o máis vistoso, pero o que máis lle gusta á xente, realmente, é este, este, este, este, este,e,e feito ¿Non? E despois outra cousa, que é casi moi pouco conocida, que son os atranques entre (...) que che fai a xente, e que hai que improvisar as coplas, as coplas. Normalmente faise un recorrido pola parroquia, pero despois tamén se sale á zona de (...) doutras parroquias limítrofes (incomprensíbel) con Couso, que é a miña parroquia, e,e vaise a Santa Cristina de Vea e mais a Pontevea, e ao Souto, pero o Souto casi é Couso ¿Non? Entonces, entonces e,e,e (...) Bueno, eso (...) un dos atranques consiste: vén un señor, e diche unha copla; e para e ponche unha barreira diante, nunha ponte ou no, no que sea, e diche unha copla:
Alto, alto general
no venga tanta carrera
que se resbalará en la hierba
y se estrellará en la carretera
Entón, ti tes que contestar con outra copla ¿Non? Si, e,e,e si lle sabes contestar, e cala o que che fai o atranque, pasas. Se non sabes contestar, non pasas e quédaste ¿Non? Entonces nesas épocas, pois aí podes decir moítisimas cousas, claro, pódeste meter con alguén, pode haber moitos (...) Entonces, houbo un momento q'hubo pelexas, e (outros) feridos graves e tal, e entonces deixárase de facer, pero, ultimamente, estase facendo algo, algunhas veces, e resulta unha das cousas máis emocionantes (...) Unha vez, eu recordo a (incomprensíbel) que nos fixeron a nós, iba pa Santa Cristina de Vea, veu un, un señor, (incomprensíbel) un atranque, era a primeira vez que iba (...) da segunda (non sei s'era) o primeiro ou segundo ano de (...) que facíamos o entroido, e hai, bueno, trinta anos ou así(...) Entonces fi/ levaba nun atril coplas. Entonces, dixerámoslle nós o que dixeramos, eles, el din unha calquera. Eso non é así, ti tes que contestar ao que che din ¿Non? E entonces, bueno, despois saliron (...) dous veteranos, botarlle unhas coplas, (e seguimos) e dime, dime un, un dos que [es]taba por alí: Túvena na punta da lengua, túvena na punta da lengua! ¿E que teñen na punta da lengua?
Cala a boca fulanito
non me seas ghalopín
que todo o mundo sabe
que a muller che anda con.. fulanito!
Era o cura da parroquia! E entonces, claro, podía haber alghúns problemas (incomprensíbel) Entonces, é decir, esos, esas coplas, é decir, qu'esas coplas son improvisadas, e iso é unha parte de, de práctica, de cabeza, e tal, pero normalmente tamén se prepara un pouco todo ¿Non? É decir, ti levas, ti si fas (...) Por ejemplo, ao ano sighiente (sabíamos quen o iba facer) entonces o que iba de correo dixo: Bueno, a min que me van a decir? Vanme a decir que son mecánico, que son calvo, que a muller se chama (...) Carmen, que son de Couso... Entonces, con eso prepárase unha copla pa cada cousa ¿Non? Lévala preparada na cabeza pa poderlle contestar. Bueno, eso é unha.
E outra de (incomprensíbel) faime (incomprensíbel) de dúas cancións. Eu teño feito algunhas cancións, e as cancións fanse, eu polo menos, como non sei música, nin, nin nada, entonces collo e o que fago, collo un ritmo, unha canción cunha letra conocida, e [des]pois modifícolla ¿Non? E entonces, entonces aí pois temos tido, cancións, cancións lindas de (incomprensíbel) temos tido cancións chulas con ritmos (incomprensíbel) co ritmo de Viva España, co ritmo de, de, de (...) Bueno, despois se temos tempo podemos cantar unha se queredes. E,e,e bueno, teño, por ejemplo, non sei, por ejemplo (...) que ahora estaría bastante, bastante en (boca) polo dos tractores, unha sobre a vaca que (...):
Entre flores, pastizales e toxeiras
viven as vacas, as vacas de Galicia
en España non sabian que existían
e aos de Europa, importáballe un collón!
Autor/a da transcrición: e~xenio