Esto era un (...) Había un matrimonio (...) ordenou de ir ao toxo. Colleu o tratore e marchou ao toxo. E marchou pa o alto do monte (incomprensíbel) tiña un Barreiros alá e alá cargharon o trator do toxo e díxolle el: Mira María, ti colles (incomprensíbel) e vas pola, pola carretera, dixo. E eu vou polo atallo (xa co) tratore.
E así foi. E o home (vén) por alá abaixo co tratore, e tal, pero quedoulle o trator sen ghasoil, e dixo: (Arre) carallo! E aghora como fagho! A onde vou eu! (Onde vou!) Tan lonxe que (incomprensíbel) Hai un bar aí, malo será que non teñan alghún trator por aí e que me dean un pouco ghasoil.
E,e,e así foi. Botouse a andar, foi alí a un bar e petou nunha porta, alí nunha eira, e díxolle un paisano (...) preghuntoulle ao paisano: Oes, por casualidá non terás un pouco de ghasoil, home. Veño do toxo e quedoume o trator aí arriba sin ghasoil, dixo, e aghradecíacho ben. Dixo: Pois mira, non te podo (favorecer), dixo, pero vas a aquela casa, dixo, éche boa xente, dixo, e,e,e seghuro que cho deixan.
E así foi. E foi alá e petou. Pum, pum. E, non lle saleu ninguén. E, ca misma, volveu onda (...) Pero alí non hai ninguén. Dixo: Ai! Non escoitaron! Ao mellor son sordomudos, os dous. Dixo: Ti, mira pola ventana do vertedeiro.
E así foi. Vai o paisaniño, mira pola ventana do vertedeiro e ve á, á vella co bandil así (fai acenos) e ao vello, cun dedo no cu e un na pecera, cun pes que tiña alí.
E dixo el: E que carallo! (...) Petou e petou pero non lle saleu ninguén. E volveu onde o outro. Díxolle: Pois mira, eu non sei. Fun aghora alí, mirei pola, pola ventana pa dentro, pero, a min, non me fixeron caso. Eu solamente vin esta (incomprensíbel) toda. Dixo: A vella púxose así co bandil ((repite o aceno)). E dixo: Ai, claro! Habíalle de decir que iba (...) Manuel tes que ir a seghar na herba. E dixo: E el? Ca misma meteu o dedo nunha pecera, cun peixe que tiña alí, e o dedo no cu. E dixo: Ai, claro! Díxolle: Vai tomar polo cu, vai tomar polo cu que mañán vou, vou de pesca.
Autor/a da transcrición: e~xenio