E,e,e vou ler un poema de Manuel García Barros (...) ademais de ser un excelente narrador, un excelente periodista, tamén facía versos. Vou ler un poema del que se chama Ausencias. Di así:
Fuxíronme aquiles tempos
en que tiña o meu encanto
en ver como vai o rio
docemente marmulando
en ver medralas herbiñas,
en coller rosas nos prados,
en escoitar pol-as tardes
como cantan os paxaros,
en sobir pol-as penedas
botando sermons no alto,
en arromedar da gaita
os sóns dociños e brandos
en facer festas no monte
namentras pacía o gando...
¡Praceres doces de neno
que eran todo o meu encanto!
Agora xa non hai frores,
marmulos, niños nin cantos,
soyo hai sospiros que ó peito
y-as nubes arreboladas
Cupido dou regalo...
Autor/a da transcrición: e~xenio