Lectura dun poema de Follas Novas de Rosalía de Castro.
Teño tres pitas blancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andand’o tempo.
i hei de vendelos caros
polo xaneiro,
i hei de xuntalos cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei...pois mira, Marica,
vai por un neto,
que mentras non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
co galo negro,
para poñe-los ovos,
e todo aquelo
do Xaneiro, dos cartos,
i o casamento,
miña prenda da ialma,
vamos bebendo!