Vouvos disir unha cousa
que vos habedes de rir
un gueiteiro mui gracioso
un día no mes de abril
El chamábase Cristovo
e a muller Micaela
tocaba nas romerías
fuliadas e nas festas
Ghanaba moito diñeiro
tocando a súa ghaitiña
mozos, rapaces e vellos
rebeaban por oíla
Cristovo na fuliada
tomou demais unha pinga
e vendía a súa ghaita
sin saber o que fasía
Ao cheghar á nuite á casa
borracho como un pelexo
Onde botaches a ghaita
Cristovo que eu no cha vexo?
A ghaita Micaeliña
vendina na fuliada
que de tan acabadiña
de vella xa non tocaba
Válghant'os demos Cristovo
sinverghonza e porcalleiro
várrete de xunta min
que eu sin gaita non te quero
Marchou Cristovo da casa
coa cabeza beixada
desindo: Pobre de min
pra qu'eu vendería a ghaita!
Pr'o outro día sighiente
comprou outra nova ghaita
entrou pola porta adentro
tocando unha ribeirana
Miña Mica, Micaela
podes estar contentiña
xa traio outra nova ghaita
moito millor ca a que tiña
Micaela de contenta
botoulle as mans ao punteiro
e dixo bailando soa:
Tiruliro meu ghaiteiro!
Autor/a da transcrición: e~xenio