O entruido é un larpeiro
porque é fillo dunha pobre
cada un na súa casa
ghobérnase como pode
O entruido trae talladas
a Coaresma trae aseite
a Pascua tráeno-lo viño
queira Dios que me aproveite
Viñeches á nosa casa
díxeches que non volvías
inda as veses que viñeches
do demo falta fasía
Dixeches que me querías
para unha noite de oscuro
desta fariña non comes
anque te volvas ghorghullo
Non che miro pa os sapatos
nin tampouco pra as hebillas
eu míroche pra o cabaso
se o tes cheo de espighas
Dises que me quieres mucho
valgha el diablo tu querer
que entra la semana y sale
y non me vienes a ver
De lo alto de los sielos
cayó la luna y rompió
así rompió el espejo
donde me miraba io
Non te mires ao espello
que non che di a verdá
non é tanta a hermosura
como a túa vanidá
(Vamos cantando) arruando
vámolo pasando ben
anque nós debamos algho
non nos debe a nós ninghén
Unha vella, vella, vella
vella como o meu chapeu
tratáronlle o casamento
levantou as mans ao ceu
Unha vella de sen anos
e un viejo de siento dos
xuntaron unhas barrighiñas
e deron ghracias a Dios
Autor/a da transcrición: e~xenio