Vou decir unhas coplas que el díxolle (...) que lle fixo pra os nenos de Tallo e que os nenos foran a Radio Voz. Estas foron feitas por el, e di:
Somos os nenos de Tallo
que vimos a Radio Voz
unidos coma unha piña
un aniño máis con vós
Vimos ca nosa maestra
dun pobo chamado Tallo
alí temos unha igrexa
cun bonito campanario
As leiras sonche ben grandes
porque veu a parcelaria
de catro fixeron unha
pra pagar menos agraria
(Incomprensíbel) tamén che hai
os pinos son de cuidado
se pensas roubar alghún
mandámosche un avoghado
Tamén temos Ponteceso
que é o noso axuntamento
alí arreghlan as cousas
para que un home quede contento
A parroquia non é grande
pero ten moitos lughariños
hainos malos, hainos bos
pero somos todos veciños
Divídise en nove grupos
heichos de decir amodo
pero tes que ter pacencia
hei mirar a ver se podo
Empeza por Vilasuso
e pasa por Bouzacova
fai pousada en Rieiro
desde alí se ve A Noria
Despois vén a Bugalleira
e pasa por Pardiñas
cheghamos ás Casas Novas, Tallo
e atrás quedaron As Minas
Riotorto tamén se une
porque da parroquia non é
de alí veñen tres neniños
estudiar con moita fe
Temos unha escola infantil
e mais tres asociacións
e tamén tres festas no ano
por San Andrés, noso patrón
A festa debera ser
no patio que ten a escola
porque á salida da misa
xa están os ghaiteiros fóra
Autor/a da transcrición: e~xenio