Aos tres anos comeza clases de iniciación musical coa profesora Silvana Martínez, e ao seis iníciase no piano con Herminio, en ambos casos na Casa da Cultura do Concello de Cabana.
Máis tarde, con oito anos, continúa as clases de piano en Baio, coa profesora Tatiana Pankratova até os once anos, cando se decide máis polo acordeón, e desde aquela recibe clases do acordeonista Fernando Fraga.
Desde hai cinco anos forma parte do grupo de gaitas Lúa chea de San Xoán, tocando a gaita e, principalmente, o acordeón.