Comarca de Bergantiños
terriña de regheifeiros
que cantaron por camiños
por aldeas e rueiros
Normalmente os regheifeiros
uns a outros insultaban
eran moi bos compañeiros
e nunca se enfadaban
Moita copliña cantada
inventada no momento
o ventiño a levaba
aló polo firmamento
Eses ventiños mareiros
con tanta velocidade
as coplas dos regheifeiros
quedaron na inmensidade
Cantaban tardes enteiras
coa súa noite incluída
marchaban pra as súas casas
cando amencía o día
A regueifa foi pasando
de xeración en xeración
sigámola valorando
non perdamo-la afición
Os regueifeiros naceron
xa con esa tradición
soamente a praticaron
da súa imaxinación
A quen sexa bo regheifeiro
debémolo de animar
en España, no estranxeiro
que non paren de actuar
Os antiguos regueifeiros
aledaban os corazóns
cando non había radios
tampouco televisións
Unha boneca colocada
ardonaba o camerino
que o gañador levaba
cando lle daban (ao fino)
Para a boneca mirando
un regheifeiro cantaba
el parecía o seu mozo
ela a súa namorada
Non vou só para Grixoa
por eso non teño pena
para me facer compaña
hei de levar esta nena
Ai paxaros, paxariños
si vós poideras falar
que cantas veces escoitástedes
aos regheifeiros cantar
Con esas voces potentes
resoando no pinar
paxaros alí presentes
sin atreverse a voar
Eles eran inocentes
do que estáballe a pasar
O estoupido dos foguetes
servían para anunciar
ás aldeas colindantes
que a regueifa iba a empezar
Que tantas coplas ausentes
íbamos recuperar
Ai paxariños oyentes
si vós poideras falar
Habémoslle de pedir
aos paxaros carpinteiros
que aprendan a escribir
nos troncos dos abeneiros
As anduriñas nun bando
cruzarán os anchos mares
traerán de contrabando
as tintas dos calamares
Os abeneiros nos montes
a tinta do calamar
as plumas téñenas eles
moito non han de gastar
E se veñen en manadas
escribir non abeneiros
así quedarán gravadas
as coplas dos regheifeiros
Autor/a da transcrición: e~xenio