Di Domingo Blanco, autor da obra A regueifa en Cabana de Bergantiños: "A chama desta arte, a regueifa, non debe morrer". E nós, a Fundación Eduardo Pondal, en colaboración coas profesoras do CRA Nosa Señora do Faro, Deputación Provincial da Coruña, Xunta de Galicia, Concello de Ponteceso e, sobre todo, cos veciños e veciñas aquí presentes, recollemos este facho, este desafío, como se di na regueifa, e agradecemos á Asociación de Escritores en Lingua Galega, representada aquí polo infatigable investigador Antonio Reigosa Carreiras, a organización deste acto de memoria en homenaxe aos nosos xoglares populares, para que estas raparigas e raparigos, netos daquela xerazón, se animen a continuar con esta arte fondamente enraízada nesta bisbarra bergantiñán, e mui especialmente, no triángulo Coristanco, Ponteceso, Cabana.
Hoxe é o día mundial da poesía celebrado co gallo de despertar da primavera. Estes nenos son os brotes que xerminan do sabio zume que deixaron, por exemplo, os pontecesás: José Fernández Rama "Calviño de Tallo" e José García Amarelle "Mandián"; do sabio zume que están a deixar: Jesús Lema García "Suso de Xornes", Antonio Rodríguez Caravel "Antonio de Xornes" e Guillermo da Rabadeira. Do sabio zume dos copleiros e copleiras aquí presentes.
Comecemos xa esta polafía, e parafraseando a Cunqueiro, desexemos outras mil primaveras para a regueifa.
Ben, temos aquí entón connosco (...) bueno, Eloi, que nos vai,i,i a,a,a tocar os intermedios (...) Eloi Mato Rial, Matilde Vilariño Pose "Matilde de Dombate", Carmen Eiroa Barreira "Carmen de Pardiñas", Teresa Castro Pardiñas "Teresa da Campara", Dolores Macía/ Macías Pose "Dolores do Coso" e,e,e Dolores Varela Barreira "A Varela"; temos as fillas de Calviño de Tallo: Carmen e Obdulia (...) Bueno (incomprensíbel) que un home é un home, pero bueno. Sobre todo, o que temos aquí (...) a Rosaura. Ben, pois que comece a festa.
Autor/a da transcrición: e~xenio