Antonio Reigosa:
Dixen que é coxo e tranco,
e que vén da Magoi ao centro,
pra dicirnos catro verdades
que leva no corpo. Dentro!
Tamén veredes que tordea
que vai e vén como o vento
porque é coxo e finca mal
o pau que ergue ao momento
O Coxilitranco:
A ver se vou quedar máis coxo aínda!
A ver!
Eu son o Coxilitranco
e gústame criticar
se metes un día o zoco
nin de coña vas salvar
Empecemos por abaixo
pra levar todo de afeito
imos cuspiñar as mans
para ir sachando con xeito
Irvos preparando!
Nin eran oles nin eles
anque fosen de Sevilla
Que eran ERES en falsete
pa cobrar pola patilla
Tiñan un fondo de réptiles
como os naturalistas
pero Ayala, a da maleta
dixo que eran carteiristas
O Gürtel sonvos unha restra
de chourizos tan picantes
que para meterlles mans
hai que facelo con guantes
Non hai quen lles meta man,
nin quen lles finque o dente
Garzón intentou probalos
e aínda agora anda doente
No garaxe da súa casa
metéuselle a Ana Mato
un (ferino) dun veciño
seica meirande cun gato
Era o veciño de cama
mais non quixo preguntar
pois o máis normal do mundo
e traer na casa un xaguar!
Mui amiga é esta ministra
de Mariano Rajoy Brey
que defendeu os seus luxos
desafiando ata a lei
Rajoy é ese presidente
que unta os eses con aches
e por iso anque recorte
é mui probable que empaches
Os que tamén empacharon
foron Bárcernas e Blesa
dous fulanos moi honrados
que miraban pola empresa
A empresa que tiñan os dous
era encher a tope os petos
pra que non desen pancada
nin os fillos, nin os netos
O prepotente Montoro
ao que non che chega a 13
dotouse dun 21 de ive
pero nin así lle crece
Atenda ou desatenda
as súas obrigas o Wert
da familia da cultura
ninguén o pode nin ver
E falando de familia
acórdaseme a real
que por perda de medida
seica está a pasalo mal
Xogaban ao monopoly
o Iñaki e maila infanta
e como facían trampa
ganaban cartos a manta
Ai que rapaces más trastes
quizais é que non pensaban
que fosen (incomprensíbel) verdá
anque ben que os empetaban
Pola familia tamén mira
o ministro Gallardón
que se segue nesta liña
ata prohibirá o condón
Coa súa lei do aborto
Gallardón leouna parda
ante que esa cousa carca
que fixese unha gallarda
Con este santo varón
Rouco está moi contento
quizais o nomeen beato
antes do seu finamento
E logo tamén hai cousas
que non dan mui ben a cara
remexendo papelorio
andan San josé de Lara
Muralla, Campeón,
Pokemon e Carioca
Lugo é a gran capital
das empresas da bicoca
Parece que poucos salvan
de estar un algo luxados
o poder é un corruptorio
que salpica a todos lados
O presidente da Xunta
tamén andou de excursión
cun narco das nosas rías
que tiña un iate fardón
Caen políticos como moscas
e algúns ata van ao caldeiro
pero o que máis nos amola
é que non volvan o diñeiro
Non me gusta facer leña
dunha árbore caída
mais o teu, Liñares, fillo
era máis cunha mordida
Trabada de tintureira
ou bocado de King-Kong
que paponciño saíches,
como tragabas, lambón
Romeiro do primitivo
antes de entrar na muralla
antes de pola porta entrar
hai unha pequena galla
Se che gusta facer ruído
tes pasarela de lata
mais se o teu ser é discreto
hai pasadizo de rata
O burgo vello lugués
por onde outrora entrou esquío
con ansias de namorar
ten que tomar novo brío
se algún día ha rematar
pois se segue así de lento
talvez prodreza o que hai feito
denantes dese momento
Dicían que habían facerlle
unha linda praia ao Miño,
pero debino de soñar
un día que lle dei ao viño
Os de Lugo sempre andamos
por non amizar co demo
o enxeñeiro que fai pontes
ou arrodeando ou a remo
A anterior foi a do río,
agora (é a Paradai)
que digan os responsables
vai esa ponte, ou non vai
I aquí acabo eu de coplar
que tras de min vén máis xente
Comede, bebede e ao resto
que tempo hai a ser prudente
Así que igual ca aquel galego
tan só de rito
eu despídome dicindo:
Con isto remato! Hei dito!
Autor/a da transcrición: e~xenio