Antonio Reigosa: Agora chégalle a quenda ás Chairegas Vilalbesas. Son tres e de Sancovade, declaran mellor ca infantesa. Tres mulleres apoutadas da Terra Chá tan inmensa. Veñen a Lugo contarnos o que cada unha pensa.
As Chairegas: Boas tardes. As coplas que vamos a cantar ahora, para que se entendan mellor, compuxémolas para un grupo, para unha Asociación de Veciños e va,a,amos todos vestidos (...) porque vamos a celebrar a voda do príncipe Felipe, e más da Letizia. Entonces, primeiro, facémoslle unhas coplas á,á,á á familia real, e despois vamos un pouco pola política en xeral.
O Felipe de Borbón
moito el seleccionou e
despois de moitas voltas
coa separada casou
Letizia Rocasolano,
fixo a voda do ano
Aamañou o seu futuro,
sen gastarse nin un duro
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
(Incomprensíbel) infanta Cristina
aumenta a natalidade,
nótase que Urdagarín
ten moita vitalidade
A raíña dona Sofía
da nora xa non se fía
E disque na real familia
cada un fai a súa vida
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
Ao Iñaki Urdagarín
non lle chegaban os cartos
Fixo negocios en Nóos,
roubou aos necesitados
Unha parella importante,
Elena e Marichalar
Tanto trasnoitar de noite
non os vai a separar
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
A Carolina vai soa,
o home queda no hotel
Tanto lle deu á bebida
que non valía pra (ren)
A duquesa de Alba
casou con Alfonso Díez
Fai o que lle dá a gaña
porque ten euros a miles
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
O ministro de Xustiza
di que temos que parire
Onde está a liberdade
coa que queremos vivire?
Coa desculpa da crise
cambiaron todas as leis
Din que son pa mellorare
pero son pra nos foder!
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
O presidente Rajoy
é un home mui moderno
Á conta da sanidade
fai negocio ata co demo
Grazas a este goberno
o que se poña enfermo,
ou ten euros pa pagare,
ou que se vaia ao inferno
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
Arenas e a Cospedal
fan negocios en diferido
Borran os ordenadores,
dánlle os sobres aos amigos
O señor ministro Wert
cambia a lei de Educación
Quere man de obra barata
que non haxa formación
Roubaches señor ministro?
Roubei, si señor.
Dime a quen roubaches?
Roubei a todo Dios!
Roubei a todo Dios,
roubei a todo Dios!
Roubaches señor ministro?
Roubei, me leve Dios!
Autor/a da transcrición: e~xenio