Miñas donas, meus señores, pra dar comenzo ao evento, entran actores i actrices que nos han dar gran contento. Pídovos aos que aquí estades que aplaudades, sen ter medo, esta larada de cegos que nos veñen de Salcedo.
Poñan atención señores
pídollo de corazón
voulle explicar un suceso
que xa non ten solución
Sentir chorar a peseta
pobriña como choraba
porque dixo que o euro
lle dera unha bofetada
O euro é un sinvergonza
por lle pegar a unha vella
i ela, pobriña, calou
porque non lle gusta a guerra
O euro como é un mozo
hasta o convidan con viño
i á pobriña da peseta
xa se lle perde o cariño
Os abuelos de Salcedo
eran nosos (alegriños)
i ahora estannos moi tristes
pensando nos seus cartiños
A uns doille a barriga
i a outros doille a cabeza
i a outros non poden dormir
de pensar na súa peseta
Adiós, nosa pesetiña
que xa nunca volverás
que Dios te teña no ceio
ao lado dos teus reais
Que Dios te teña no ceio
ao lado dos teus reais!
Autor/a da transcrición: e~xenio