Bueno, pois,s,s boas tardes a todas e a todos, e moitas grazas por vir a esta,a,a a este primeiro recital de Coplas de Entroido que facemos en Lugo, que fai a sección de Literatura Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (...) E moitas grazas a todos os que van intervir, qu'eu sei que hoxe é un día, digamos, complicado pr'os que celebrades entroidos e,e,e como o de Salcedo, que hai que prepararse, que hai que ensaiar, que hai que facer moitas cousas (...) Pase por aí (...) Esta é unha das señoras que bailaba hai un pouco, alí, co acordeón. E supoño que detrás (...) Perdón (...) Virán vindo todos os demais. E,e,e o que vos quero decir é que o que pretendemos, fundamentalmente, é tratar de recuperar en lugares onde xa se perderon, como é o caso de Lugo, esa literatura oral, esa literatura de sermón, de testamento; esa literatura que se facía espontaneamente en case todos os entroidos, sobre todo, rurais, e que se está perdendo.
Así que intentámolo, ímolo gravar e pasará, o que hoxe pase aquí, ao arquivo da sección de Literatura de Tradición Oral da AELG pra acompañar máis de sete/ setecentos vídeos que hai neste momento nese arquivo e que xa están a disposición de todos aqueles que os queiran usar.
Temos que agradecer ao Concello de Lugo, á Concellería de Cultura e Turismo, pois que nos incluíse no programa de Entroido, no programa oficial de Entroido do Concello de Lugo, que nos cedese este local pa poder realizar este acto; á Área de Cultura da Deputación que nos financia a parte que corresponde á edición das gravacións, e que logo irán a ese arquivo que vos dixen; a Carme Pernas, que está por aí, que fixo xestiós pra traer estrelas que van intervir hoxe aquí, que veredes máis tarde (...) E eu, aínda que non son poeta, ni copleiro, voume permitir presentar o que vaia pasando hoxe aquí con unhas copliñas, á maneira do entroido, e pra ir dando paso a todos os que van intervir. Teño que aclarar unha cousa que é que no,o,o no programa oficial falábase da, dunha representación teatral que era a do disfrace de campo de Salcedo, que a ultimísima hora e por unha circunstancia non prevista, pois tivo que quedar fóra do programa. En todo caso, están os cegos, do, do entroido de Salcedo que van comezar e que van rematar este recital de Coplas de Antroido.
Vou alá, porque coplas non sei facer pero ler, si.
Atención pido, señores
estendan ben as orellas
de maneira que unha soa
semellen catro parellas
Coas mulleres non me meto
e non é porque non queira
sei que lles parece mal
xógome a entreperneira
O que aquí hoxe vai pasar
nunca pasou neste país
os homes traen os ovos
e as mulleres traen o anís
Pero imos ao que viñemos
que veñen coplas a cestas
hai que darlle ao goberno
por onde cagan as bestas
Veñen copleiros de lonxe
de Salcedo onda Oseira
e por aquí, anda tamén
a filla da Carameleira
De Sancovade, en Vilalba
veñen as mellores bregas
copleiras, e fanse chamar:
As tres graciosas chairegas
Desde as montañas de Suarna
que non son cousa pequena
vén un castrador de galos
que os dorme con maizena
E de Magoi o arredores
fillo de tras a silveira
chega o Coxilitranco
do pau da mexadeira
Saúdo ás autoridades
concelleiras e concelleiros
alcaldes e samesugas
que cos euros fan palleiros
Grandes negocios, prebendas
euros que non ole Facenda
máis aínda máis lles deixamos
poñen a muralla á venda
Eminentes eminencias
que se deslindan das leiras
nesta cidade florecen
como merda en esterqueiras
Habendo tan bo abono
feito da mellor bosteira
ten que haber coplas xeitosas
pra glosar a brincadeira
Celebremos xa o entroido
que polos menos non cheira
pra falar do corrupción
quédanos moita feira
Que comece o recital
no centro que nos abeira
que ten nome e é coñecido
como Uxío Novoneyra
Boas tardes ou boas noites
o que prefira a audiencia
que vos pestre, que estas coplas
só che vos son ocorrencias
Autor/a da transcrición: e~xenio