Os cegos, a min personalmente, son...gústame moito máis o personaxe que a persona non? O personaxe do cego tal e como foi, que vendían a literatura de cordel esta das historias que...das historias que acontecían, que lle escribían ou que escribía el. Pero, o cego realmente é o representante do músico de rúa, o representante de que ten que chamar a atención; unha única persona ten que chamar a atención do público para recibir cartos del e poder sobrevivir con ese oficio que unhos o levaban mellor economicamente que outros ou outras igual non? Bueno, entón recurrían moitas veces a artiluxios que eran vistosos. Ben, eu traigo un deses artiluxios, despois virá outro seguramente i é o boneco da tabla. Non sei se o tedes visto algunha vez, pero é un boneco articulado, boneco de madeira. Entón, o cego tiña que sentarse enriba dunha tabla.