Emilio do Pando: A trompa,a,a,a pero eu, eu púxena e toquei e xa está.
Antonio Reigosa: Porque vía como facían os outros.
Emilio do Pando: Si, porque (incomprensíbel) Porque guiábame,e,e a música e gustábame e guiábame a música e érame fácil. O que gusta é fácil d'aprender.
Antonio Reigosa: Si.
Emilio do Pando: O que non gusta é máis difícil darlle o xeito.
Antonio Reigosa: Si señor.
Emilio do Pando: E bueno, era un instrumento de música que valía pa tocar algunhas, algunhas canciós e,e,e, e valía pa tocar algo o que me gustaba era a gaita, pero a gaita non ma puderon comprar porque éramos moitos e,e,e e bueno, e,e,e e facía falta todo. Os cartos valían pouco pero había que manterse e había que traballar e había que aforrar. Bueno! Eran uns tempos mui difíciles!
((Emilio do Pando toca a trompa))
Na miña casa compraran unha casa, meu pai, qu'eran dúas, i unha comprouna meu pai e alí, fixéronse muitos bailes, naquela casa, quitaron o forno, quedou cuadradita pra/ e alí pois fixeron muitos bailes. Eu fixen eiquí un vídeo de polavila ou sea, o que era a polavila
Antonio Reigosa: Si, si, si, si, si.
Emilio do Pando: (Víchesllo?)
Antonio Reigosa: Si, si, si.
Emilio do Pando: Está algo turbio, daquela non eran bos os aparatos, non sei que pasaba qu'inda non(...)pero aquelo ben limpio pero hoie non había con quen facelo, xa, anque fose na Fonsagrada porque tiña que ser ser xente maior e xente que pasou por ello ¡Algo de arte, inda fai falta algo de arte!
Eu fun tocar con Luar na Lubre a,a,a,a...a varios sitios e óise bien, óese ben, con aquela amplificación, óese ben e todo eso, pero, así sin nada, non.
Antonio Reigosa: Xa.
Emilio do Pando: Qu'ha de sonar esto? Claro, aiquí óise ben...algho, pero bueno é un instrumento mui pequeno.
Estas, esta fíxoa, esta fíxose en Santiago. Hai alí un que as fai mui ben. O millor que (vi)
Antonio Reigosa: O Che?
Emilio do Pando: Che. Porque Che...pídeslle unha tonalidá, porque hai do, hai re, hai si-be-mol, hai si e faicho aquelo. I os ferreiros que había aiquí, tocaban máis ou menos pero ¡como salise! Non valía pra,a,a,a...
Antonio Reigosa: De que material é esa?
Emilio do Pando: Esta, esta é ferro. I esta lengüeta é aceiro. E aquí teño outra que é aceiro ino/ que non se osida, inosidable e [es]tá na misma tonalidá, c'aquela.
Emilio do Pando: A trompa.
Antonio Reigosa: A trompa.
Emilio do Pando: A trompa. (Ben), aquí chamóuselle sempre a trompa. O birimbau, chámanlle tamén os portugueses, (incomprensíbel). Aquí chamouse a trompa e en Fonsagrada tocouse más que sitio ningún de Lugo, eh! Tocouse aquí na Fonsagrada, tocouse (ben). Entón, pois,s,s,s bueno, o birimbau, a trompa, o birimbau i a trompa, e Rodríguez Romaní, que veu clases, a clases a onda min, dixo: É a trompa, é a trompa. E, ala! Quedoulle!(...)E bueno, pois ala, é a trompa! Bueno, porque aquí o que sona é,é,é é esto. O sea, que o arco non quere decir nada. O arco non quere decir(...)valería de plástico, incluso. Pero,o,o o que vale é a palleta ou a lengüeta, tamén se le llama, tamén se chama lengüeta. Esto ten que ser feito, podendo ser, esto(...)os paraguas tiñan unha ballena qu'era moi aceiruda, (qu'era) redonda, ie,e,e,e, e machacábase sin ir ao lume, porque despois hai que templalo, e,e,e a virginidá marcha. I esto foi o que lle dixen eu a Che que deulle deseguido (e viume-la miña) e deulle deseguida de facer. Inda teño aquí unha que me fizo e,e,e e dixo: Non valen, a,a a lengüeta non vale, a palleta non che vale, se tes que facela deste xeito pa que toque ben. (E dixo) e bueno, dice que lle aprendín eu.
Na Fonsagrada hai outro en Leituego que toca, algo,o,o.
Antonio Reigosa: E non quedan máis?
Emilio do Pando: Porque,e,e(...)No. E meu sobriño, leveino [a]lá a Ourense porque fun dar alí un, un ejercicio de trompa,a,a e,e,e e viña tocando algo e (aí) ha tocar ben.
Si bueno, cos ollos (incomprensíbel) mira...antes d'ir á escuela, sabía as provincias d'España porque can/ facían un canto os que iban á escuela i eu escuitaba, ie,e,e, e de cuatro anos sabía as provincias d'España, non sabía o que contenía eso, pero bueno.
Antonio Reigosa: Xa, xa.
Emilio do Pando: Sabía que Galicia que tiña cuatro provincias, e bueno, e como (eso), máis. E,e,e e xa tocaba a trompa...e,e,e xa tocaba cousas ca trompa, pero despois...
Antonio Reigosa: (Incomprensíbel)
Emilio do Pando: Pero despois, despois, mira a gaita e a trompa, houbo un tiempo que tuveron,n,n mui muertos, ho! E despois, dicía Herminio, cuando volvemos a toca-la trompa, decía Herminio: Veind'e[s]tar onde nosoutros (pra) quedamos p'a semente!
((Risas))
Emilio do Pando: Non había máis naide quen tocar. Encóntrano moi difícil, a min, pra min non foi nada difícil, s'embargo élles moi difícil porque...este é o eco de, de, de resonancia, a boca é o eco de resonancia (i aí) q'hai que facer más o menos eco pra, pa face-la nota más baixa ou más alta ¿verdá? máis grave. Hai que facer do, hai que facer do, re, mi, fa, sol, la, si. Hai que facer todo eso.
Aquí conocíase muito, dábanlle pouca importancia ademais. E conocíase muito a trompa ie,e,e agora van morrendo, os que conocían a trompa van desaparecendo e quedan nenos e queren tocala, pero encóntrano mui difícil. Tamén...os que van a gaita, qu'eu, eu din clase de gaita, e,e,e en Antaruxas e Sorteiros(...)eu non sei, antes aprendía/ había gaiteiros mui bos e non iban a clase de naide; solamente tiñan a clase no, na(...)
Antonio Reigosa: No oído.
Emilio do Pando: No oído. De aprender aquela peza, que salise igual, e salíalles igual. I eu son un desos. Vaia, que non fun a clase de naide!
Antonio Reigosa: Pero...
Emilio do Pando: I aquí van a clase, eu din clase, dale que te quiero, pero non acaban de sacar aquel eco, aquel sonido, o (doce) e,e,e...
Eu véxoo fácil de tocar. É un instrumento fácil. Bueno, hai moita xente que silba e,e,e toca unha canción ¿verdá? Esto é o mismo. I esto é o mismo, dáselle un(...)bueno, pois silba e dáslle os baixos e dáslle altos, e dáslles agudos e tal, pero, pero, i é igual, e failo (incomprensíbel) silbas unha canción, fijarte ben, claro, antes había pouco onde aprender pero ahora, bueno, ahora xa non hai música nin hai nada, é todo un chibiri, chibiri, chibiri, non, non me convence. Non é agradable.
Alredor del molino, tengo mis bienes!
Alredor del molino, tengo mis bienes!
Una gata con gatos, una gata con gatos,
una gata con gatos, mamita y dos cascabeles!
((Emilio do Pando toca a trompa))
Autor/a da transcrición: e~xenio