Efectivamente, vou falarvos e,e dunha historia que me contaron dous viciños meus do, do lugar do Rañal, Adolfo de Tiso e Quico de Pichel, e,e,e unha historia que a eles xa lla contaran os seus devanceiros cando eran nenos, aló polos anos 20 e 30 do, do século pasado que vén sendo a, a historia, a historia do, do Priam.
Ben, qu'era, qu'era o Priam? Pois,s,s mirade, o Priam era un barco de,e,e vapor mixto, de carga e pasaxe, que se propulsaba a, a vela e, a, a vapor, creo que tendes aquí as imaxes, era este, que tiña unhas dimensións de 95 metros de eslora, 10 metros de,e,e manga e 8,50 de, de puntal. E, e,e,e que nun principio e,e,e tiña 2.165 toneladas de rexistro bruto. Pertenecía á navieira inglesa Blue Funnel Line que bautizaba a tódolos seus buques con nomes homéricos, Priam, en galego Priamo, viña, viña sendo o último rei de, de Troia. Pois ben, e,e,e o Priam zarpara do por/ do porto de Liverpool o 7 de,e,e xaneiro de 1889, rumbo a Hong Kong, cun cargamento a bordo de carga xeral que consistía, principalmente, en textis de la e algodón de Lancashire, un dos puntos neurálxicos da Revolución Industrial británica, e porcelana de, de Leigh, cunha dotación de 42 tripulantes e,e 5 pasaxeiros. Catro días despois, na madrugada do 11 de xaneiro de 1889, fai exactamente agora 125 anos, e,e,e as voces dalgúns mariñeiros malpicáns despertaban a toda a vila, toda a vila de Malpica, alertando á veciñanza, e,e,e dun naufraxio acontecido nos baixos da, da Fistela, que está no, ao este das illas Sisargas. E,e,e naufraxio que viña sendo o do vapor Priam e,e no que falecerían nove persoas, catro pasaxeiros e, e cinco tripulantes.
Pouco despois do topetazo no que o vapor in/ inglés quedaría partido en dúas metades, pois, e,e,e a carga das súas adegas iría saíndo, pouco a pouco, a, a frote. Unha carga que, na súa inmensa maioría, as correntes de mar, e os ventos, encargaríase de, de ila achegando cara aquí, cara o noso litoral, cara o litoral de Arteixo onde se sabe, polas crónicas da, da época, e de boca de, de veciños, como os nomeados, Adolfo e,e,e Francisco, bueno, entre outros, pois que, que aquí e que as plaias de Alba e Sabón, e irían aparecendo centos e centos de metros de teas de, de la e algodón, e,e,e animais vivos que, seguramente, algún deles tería descendencia aquí pola zona, e,e,e numerosos taboleiros, unha caixa de reloxos de, de peto de ouro e prata, e,e,e e, o mellor do conto, un baúl ateigado de, de diñeiro en papel e un piano; piano e baúl que o veciño José Naya, veciño de Sabón, pois, levaría para, para a súa casa. Este home, José Naya, puidose converter nunha das persoas e,e,e máis ricas do Arteixo daquela, daquela época, se non fora pois, pola súa pouca sabedoría, pois descoñecía o valor do contido daquel cofre, ao qu'el seique lle chamaba estampas bonitas.
Según me contou Carmen Nión, unha bisneta deste home, ese baúl estivera na corte das vacas algún tempo, e,e,e o seu bisavó utilizaba ese papel para facer pitillos e, o máis sorprendente, para prenderlle lume ao, ao pote da, da lareira. José descubriría o valor real do que, pouco a pouco, fora queimando cando un día veu aquí á Baiuca a mercar un sombreiro e cerca da tenda atopouse cun coñecido seu, e puxéronse os dous homes a falar das súas cousas, José sacou unha desas estampas bonitas do peto da súa chaqueta e díxolle o, o seu, seu coñecido: Con esta estampa, podes mercar os sombreiros que queiras e aínda
che van devolver cartos!
A José, véuselle o mundo enriba, ao, ao saber a, a, a (verdá) do asunto, ao saber que, en realidade, aquelas estampas bonitas eran cartos, eran libras esterlinas.
Carmen Nión, a bisneta deste home, lembra polos contos que, que escoitou toda, toda a vida na súa casa, que,e,e xunto co, con este baúl de, de estampas bonitas, como dicía o seu bisavó, pois e,e,e o seu bisavó tamén levara para, para a súa casa o piano que as correntes de mar e,e,e deixaran, na, na praia de Alba. E,e,e piano que,e,e tras estar uns días na corte do, do gando, pois e,e,e tralada/ trasladaríase no carro de, das vacas até o balneario de Arteixo, e,e,e alí estaría até os anos 20, década na que cambiaría de ubicación, pasando, desta volta, ao Café Verán d'aquí da, da Baiuca.
Este lugar, o café Verán, era,a,a a sede social da Asociación Cultural El Alba que,e,e por aqueles días, organizaba numerosos bailes e representacións teatrais que,e,e eran acompañados, musicalmente, polo piano do Priam que con gran maestría, con gran pericia musical pois, tocaba o señor Llamazares que, por aqueles días, era o boticario de aquí, desta localidade. Mais o piano do Priam voltaría a cambiar de ubicación, e,e,e cando xa levaba en Arteixo, medi/ aproximadamente, medio século, máis ou menos pola década dos 40, pois, sería trasladado dende o Café Verán até a igrexa parroquial de Santiago de Arteixo, a igrexa vella, onde estaría até os anos 60 acompañando, musicalmente, vodas, comunións e outros atos relixiosos.
Seguro que vos preguntaredes onde esta hoxe en día o,o,o o piano viaxeiro do Priam e, a decir verdade, pois non se sabe. É probable que fora esnaquizado hai anos; a última pista que, que hai del é que estivo na igrexia dos Franciscanos da, da Coruña, mais a súa historia foi ben rocambolesca e,e,e destinado a soar nalgún lugar da China, de,e,e,e finais do século XIX, pois, finalmente, a raíz de, daquel naufraxio acontecido nas illas Sisargas, o 11 de xaneiro de 1889, pois finalmente, como digo, acabaría soando e,e aquí, primeiro, no, no Balneario de Arteixo, logo no Café Verán e, finalmente, na igrexa vella de Arteixo.
Está é a súa historia. Moitas grazas.
Autor/a da transcrición: e~xenio