En Monteagudo tamén me contaron, no ano,o,o 2002, os mandamentos dos pobres. Non sei se os coñecedes, eu non sabía deles pero,o,o pero bueno, teñen, vóuvolos decir agora.
O primeiro(...)son cinco.
O primeiro: durmir no palleiro.
O segundo: andar polo mundo.
O terceiro: nunca ter diñeiro.
O cuarto: nunca andar farto.
O quinto: nunca andar limpo.
Estes dous mandamentos encérranse en dous: en matar pulghas e piollos e amar a Dios.
Representan as características de penuria daquela época!
Autor/a da transcrición: e~xenio