Durante a realización deste proxecto, recollín algunha información complementaria, como vos dicía ao principio, que agora vos conto.
Bueno, como é ben sabido, de,e,e a clasificación semántica dos topónimos ten moita relevancia. Detrás dos nomes da terra, hai paxaros, ríos, montes, pedras, ritos, lendas; detrás de cada nome de lugar agóchase parte da nosa historia, da nosa cultura.
É ben sabido que en Monteagudo hai moita pedra, e é moi boa para a construción, segundo os canteiros que d'isto saben moito. Así que,e,e contáronme dúas lendas e,e,e que falan, precisamente, das pedras. Unha é a lendas das Penas, das Penas do Demo e outra a lenda da Pedra da Vella(...)
A, a lenda das Penas do Demo (alaba) a beleza dunha rapaza de Monteagudo, qu'era loura, moi fermosa, de cabelos longos, e,e,e pero,o,o nunca saía xogar co resto da rapazada. Ela ía pr'o monte e pasaba longas horas na soidade daqueles penedos. E,e,e un día volveu pra a casa cun fermoso colar pendurado do seu pescozo, e iso pois,s,s fixo desconfiar á nai, a ver quen, preguntoulle quen llo dera. Dixo que llo, que llo dera unha,a,a un cabaleiro que pasara por alí, e que pronto a levaría con el. Entón a nai non a deixou saír da casa durante uns días, pero a rapaza, en canto puido, volveu pra o monte, pra as penas de sempre e nunca máis se volveu saber nada dela. O único que apareceu seique foi o colar, pendurado dunha, da rama dunha árbore que seique representa a alma en pena daquela rapaza.
É unha lenda. Seica!
Autor/a da transcrición: e~xenio