Antonio Reigosa: Quen son os choríns? En Arteixo non sabedes o que son os choríns?
Pilar Añón Dopico: Bueno,o,o.
Antonio Reigosa: Ai, saber, sabédelo pero ídéllelo ter que contar!
Pilar Añón Dopico: (Incomprensíbel) do sentido.
Antonio Reigosa: Claro! Claro!
Pilar Añón Dopico: Trastorno de sentido.
Antonio Reigosa: Trastorno do sentido. Eso é. E que van facer os(...)son xente que está enferma, que ten algún problema.
Pilar Añón Dopico: Xente qu'está enferma e que,e,e,e necesitaba un, un médico que a tratara(...)
Antonio Reigosa: E vai a, a, a Santa Eufemia?
Pilar Añón Dopico: Ou nun sanatorio. E vai a Santa Eufemia. De donde viñan moitos, era d'alá de Betanzos. A,a,a...ofrecíanse e había un cura que lles facía,a,a remedios con unhas medallas, llas metía na boca, facía de beber, e devolvían así como un manoxo de pelo.
Antonio Reigosa: Si, si.
Pilar Añón Dopico: Decía (el): Ala! Demonios pra o, pa o mar!
Antonio Reigosa: Era...
Pilar Añón Dopico: Hacia o mar!
Antonio Reigosa: Algo parecido ao Corpiño, logo?
Pilar Añón Dopico: Si...Era algo parecido. Si.
Antonio Reigosa: E chámanlle choríns a eses tipo de enfermos?
Pilar Añón Dopico: Si. En gallego dinlle: Esta ten os choríns!
Antonio Reigosa: Ten os choríns. Choríns.
Pilar Añón Dopico: (Incomprensíbel)
Antonio Reigosa: E ahora veñen a,a,a Santa Eufemia? Ou non?
Pilar Añón Dopico: No, no, no.
Antonio Reigosa: Xa non?
Pilar Añón Dopico: Ahora non hai ninghún cura que fagha o remedio. Pódeno facer, que todos o saben, pero non queren traballar neso.
Antonio Reigosa: Non queren.
Baldomero Capelán: Os curas fan moitos remedios, ho! pero ahora eso non o fai
Antonio Reigosa: No,o,o usté, usté xa lle dou varios remedios ao cura.
Autor/a da transcrición: e~xenio