Este conto contáronmo en Abadín, xa hai unhos cantos anos, aló polo ano noventa e dous e dicía que había tres irmáns, que de repente quedaron orfos, morreulles o pai, morreulles a nai e por toda a herdanza, fixádevos que capital, por toda a herdanza quedoulles un galo, unha escada e unha fouciña. Se hai alguén que sabe o conto, ahora que espere a que acabe eu eh! Que non mo fastidie! Un galo, unha escada e unha fouciña e dixo...repartiron: ó máis pequeniño tocoulle o galo, ó mediano tocoulle a fouciña e ó maior tocoulle a escada. E o máis pequeno dixo: e eu que fago co galo? Voume polo mundo adiante a ver se hai alguén que me dea de comer e tal. Bueno, bótase polo mundo adiante, e veña anda e anda e anda e, fixádevos, chegou a un sitio, pasou por Friol que me acordo eu, pasou por Friol e despois de moitos días de andar, despois chegou a un sitio, fixádevos como estaban de atrasados, que segaban o trigo a navalla. Un collía a palla por riba e outro por debaixo coa navalla, palla a palla, palla a palla, e dixo: Dios, que atrasaos están.
- Pero home, vós segades o trigo así?
- Eh, non sabemos doutra maneira e tal.
Dixo el: teño eu aquí unha máquina e fíxolles unha demostración, ai perdón, perdón,perdón, que xa me liei, xa me liei. Chegou a un sitio, este é o da fouciña, perdón, vese que non son profesional do asunto. Iba co galo debaixo do brazo, vale, vale? E chegou a un sitio, aló, despois de pasar moitos días despois Friol, que non se me mosquee ningúen eh, chegou a un sitio, que fixádevos se estaban atrasados que á media noite xunguían as vacas ao carro e ían busca-lo día. E díxolles: pero que facedes?
- Eh, nós facemos así tódolos días, senón non amence. Xunguimos as vacas collemos o carro e imos busca-lo día. E dixo: home, que atrasadiños estades. Traigo eu aquí unha máquina, que cando canta a primeira vez dice "xa logo vén o día". Cando canta a segunda vez, "xa está o día aí", e cando canta a terceira, "xa amenceu". A ver, A ver como fai, a ver como fai, e entón cantou o galo a primeira vez, como canta o galo a primeira vez? Kikirikí! Así floxo, kikirikí! E dixo: e que é? Que pasa? Que pasa? Que xa logo vén. Vale. Cantou o galo a segunda vez. Como cantan os galos a segunda vez? Mentres poñen un ovo, cantan..oh, oh...Como canta o galo a segunda vez, que ti sábelo? Kikirikí! Debeu cantar o galo. E que pasa? Que pasa? Que xa está chegando. E logo cantou a terceira vez e, como canta o galo a terceira vez? Kikirikí pero con máis alegría, kikiriki porque vén aí o almorzo e quere comer. Bueno o caso é...e que pasa? Que xa amenceu ou non vedes? oi! Comprámosche a máquina, comprámosche a máquina! Non creo que teñades cartos pra comprar esta máquina dixo el eh!Púxose así chulito! Ai, pois xuntamos o que faga falta. Pois ide por todas as casas do lugar e á ver o que xuntades e a ver. E xuntaron e foron polas casas e todo canto había nas casas traían nun carro cartos. E dixéronlle: e que, chegará pra comprarche a máquina? Si, home, si! Chega de sobras. Colleu os cartos, deixoulles o galo e marchou pra a casa.
Cando chegou á casa, o irmán mediano, o da fouciña, eh, o da fouciña, dixo, pois eu tamén me vou polo mundo a ver que pasa. Colleu a súa fouciña e despois de pasar Friol e non sei cantos sitios máis chegou a un sitio no que segaban o trigo con navalla. Un collía a palla, outro dáballe á navalla e veña. E dixo: pero home, teño eu aquí unha máquina que é moito máis rápida que todo eso. Colle a fouciña, colle a presada, ras ras, e fixo en cinco minutos o que os outros facían nunha semana. Claro! Véndenola, véndenola! No, non vola vendo, non vola vendo que ademais non tedes cartos pa pagarma. E logo, canto vale? Eu que sei,vale... non tedes cartos en toda a parroquia pa pagarma. Xuntamos todo o que haxa e tal! Bueno, pois ide xuntar a ver. Foron xuntar e cando viñan cun carro de cartos dixo bueno, si, chegará, chegará, véndovo-lo aparato e vendeulle-lo aparato e volveu pa a casa, rico tamén.
E quedaba o maior, xa sabedes que os irmaos maiores sempre son os máis tontos, sabédelo? Non vos ofendades que eu tamén son irmao maior, quero dicir que, nesto vou no paquete.
E tiña a escada e non sabía que facer coa escada e dixéronlle os irmáns, home, vaite polo mundo tamén a ver que pasa. E foise, colleu a escada ó lombo e foise polo mundo. E despois de moito andar chegou a un sitio xa cansado e dixo eu xa voume pa a casa, xa non dou máis voltas porque non hai maneira e achegou a escada a unha parede dunha casa e neso que escoita que están discutindo dentro un home e unha muller. Sube pola escada arriba e ponse a escoitar. O home e a muller discutían porque ela tiña, se non houbese nenos diría outra cousa, ela tiña a cociña escarallada e discutían. E dicía o home: home pois con esa cociña non se come e non sei que. E dixo ela: se ma amañaras! E dixo el: se houbera alguén que cha amañara dáballe os cartos todos que hai nesa gaveta. El escoitou todo aquelo, baixou da escada, esperou que o home marchase da casa, e cando o home marchou da casa foi petar á porta. Señora, señora, mira eu son o que amaña as cociñas e tal. Ai, home, que ben me vén que teño a cociña estropeada e tal, e díxome o meu home que se lla amañaba que me dese todos os cartos que hai aí nesa gaveta. E dixo ai, douchos todos, tu amáñame a cociña. Entón o home fixo que amañaba a cociña e non sei que. Señora, xa está. Bueno, pois deme os cartos. Ai, pois douchos de boa gana e tal. E deulle os cartos todos e liscou.
E d'alí a un pouco vén o home da casa e díxolle: ai, meu homiño, que ben fixeches que me mandache ese home que ben me amañou a cociña, que gusto me deu pagarlle porque xa estaba ben de estar coa cociña mal e tal e non sei que. E díxolle, pero que home, pero que cartos, pero que cociña? E dixo: ese que me mandaches ti para que me amañara a cociña, pero se eu non che mandei a ninguén! Oi, que me roubou ese desgraciado! Bótase o home, colle o cabalo da corte, monta d'a cabalo e ponse camiño detrás do outro. Coincideu, cando o iba coller, que o home tivo un apretón de barriga e púxose, en fino, a facer de corpo, alí á beira do camiño. E neso que ve vir de lonxe un cabalo correndo ao trote, ao galope e dixo: carai, seguro que veñen por min . Entón o que fai e subir os pantalós rápido, quita o sombreiro e tapa o que acababa de poñer alí. E cando chega o home dice: quieto paxariño, quieto, quieto paxariño, quieto, quieto. E vén o home d'a cabalo, oiu oh, e veu pasar un aquí a un home que levaba unha escada ó lombo e non sei que? Si, home, si, xa hai un cacho que vai. E collereino? Dixo o do cabalo. Dixo, Ai, non sei se o collerá porque vostede vai moi despacio no cabalo eh! Quieto paxariño, quieto, quieto paxariño, quieto, quieto, paxariño quieto. E logo, mire se fora eu que servín no exército en cabalería e teño experiencia en montar cabalos inda o collía, pero vostede n'o colle oh. E logo, e vostede non me pode facer ese favor, e que non poido deixar este paxariño, que é mui valioso e non o poido...está un pouco nervioso e teño-i aquí tranquilizando-i e tal: quieto paxariño quieto, quieto, quieto. Pois se me fixera o favor do cabalo. Si, home, si, usté cuideme do cabalo e dígalle cada pouco quieto paxariño quieto, pa que se tranquilice, e non o destape hasta que volva eu eh! Vale!
O home monta d'a cabalo e inda non apareceu hoxe claro. E d'alí a moitas horas, quieto paxariño quieto, xa o home rebentaba, pero que paxariño será este? Non temos un sombreiro, que paxariño será este e tal? E dixo: vou ver e meteu o dedo así por debaixo. Non perdón, perdón, meteu a outra man. Meteu a man así por debaixo, e cando notou algo brando, así dixo: oi! Sacou pa fóra, pufff! Dixo: que noxo! Había alí ó lado un chanto destes de pedra altos e fixo ohhh, que noxo! I ó dar cos dedos no chan doeulle, non sabedes? E fixo así !E aí vai o conto!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro