Madrugada de San Juan, madrugada á mais garrida
que baila ó sol cando nace e ri cando morre ó dia.
Onde vai Nosa Señora, onde vai Santa Maria?
Vai cara á banda do mar, vai cara á banda da ria.
Que diz á Virgen, que diz, que dice Santa María.
Cal será á meniña cal, que colla á flor d'augua fria?
Non será dama, nin deuda, que será á princesa Aldina,
A princesa namorada, filla do rey de Galicia.
Non hay outra coma ela, tan feitiña e tan bonita.
C'aqueles seus ollos craros, do color d'augua da ria.
Soyo ti Aldina serás, quen leve á flor d'augua fria;
Érguete do leito nena, ven cara á banda do mar
Qu'anque ti veñas soiña, en compaña has de tornar;
Érguete do leito nena, ven cara á banda da ria
Qu'anque ti soiña veñas, tornarás en compañia.
No torre do real palacio, anque inda está lonxe ó dia
Movense os liños d'un leito, algun-ha gente s'erguia.
É á princesa! dió-la-garde! era á moy garrida Aldina
Que vai dia de San Joan, catar á flor d'augua fria.
Autor/a da transcrición: e~xenio